Santiago acolle, o 25 de novembro , a presentación do Proxecto Spin_UP, que pretende impulsar novas iniciativas empresariais.

Santiago acolle, o 25 de novembro , a presentación do Proxecto Spin_UP, que pretende impulsar novas iniciativas empresariais.

18 de novembro de 2019

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2019. Estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía das universidades e do tecido empresarial para a creación de novas empresas así como o fomento da colaboración e complementariedade entre o mundo empresarial, a universidade e a administración na euro rexión Galicia- Norte de Portugal. Este é o principal obxectivo do proxecto europeo Spin_Up, liderado por Uninova, que se presenta en Santiago de Compostela o vindeiro luns, 25 de novembro a partir das 10 horas, nas instalacións do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS). A previsión é que o proxecto poida ofrecer apoio a 40 proxectos, a creación de 20 empresas SpinOffs ou StartUps e xerar 40 postos de traballo de calidade.

Neste evento de presentación, o conferenciante Javier Cebreiros, vai impartir a conferencia A comunicación como clave para o emprendemendo. Doutor en Comunicación, Cebreiros colabora, entre outros, con medios de comunicación como Televisión Española (TVE) ou Atresmedia. Por outra parte, imparte formación en varias empresas, entre elas, INDITEX. Ademais, Javier Cebreiros é autor do libro Olvida tu lenguaje corporal, que acadou xa a súa quinta edición.

A inauguración da xornada de presentación de Spin_Up estará a cargo do Conselleiro Delegado de Uninova, Vicente Pérez Muñuzuri e contará tamén coa presenza e participación do Presidente de Uninova, o Reitor da USC e o Vicepresidente, o Alcade do Concello de Santiago de outras autoridades vinculadas a todos os socios . A cita é no Salón de Actos do CIMUS, sito na Avenida de Barcelona de Santiago de Compostela.   Outras entidades socias do proxecto son o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE),a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación Área Empresarial do Tambre, a Universidade do Porto e ANJE (Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios).

  As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente a través do correo info@spinup-project.eu, ou ben, no teléfono 986 419 922 (extensión 2031).

Ver programa

CONTACTO

Localización

UNINOVA

Edificio Cersia Empresa

Rúa do Alcalde Raimundo López Pol
15707 Santiago de Compostela, A Coruña - SPAIN

+34 981 542 494