SERVIZO DE ASESORAMIENTO A
EMPRENDEDORES UNIVERSITARIOS
Detección
de emprendedores
O punto de partida na actividade de
UNINOVA é un proxecto innovador ou de base tecnolóxica
promovido por un emprendedor universitario.
UNINOVA realiza labores de difusión
da cultura emprendedora, así
como de seguimento e identificación
de proxectos de investigación
dentro da Univesidade de Santiago de Compostela.
¿Cres
que tes potencial emprendedor?
Avalíalo ti mesmo: Cuestionario
de Autoevaluación Emprendedora


Elaboración
dun plan de empresa
O plan de empresa é
un documento escrito que reflicte tódolos
aspectos que precisamos coñecer
para poñer en marcha a nosa idea empresarial.
No plan de empresa recóllese
a viabilidade económica, financeira
e comercial do proxecto ademais dos
recursos humanos precisos para levar
adiante o proxecto, forma xurídica
mais axeitada, sector de mercado o que
van dirixidos os produtos ou servizos,
etc.
O plan de empresa é de enorme
utilidade para os promotores do proxecto
xa que lles vai servir para:
UNINOVA pon
a disposición dos emprendedores
o seu equipo de expertos para axudalos
na elaboración do plan de empresa.
Primeiros pasos para facer un plan de
empresa: Memoria
descriptiva del proyecto

Financiamento
O financiaciamento das iniciativas
empresariais que se instalen en UNINOVA
pasa por diferentes alternativas:

Establecemento
na incubadora
Se como resultado da elaboración
do plan de empresa se conclúe
que o proxecto resulta viable, establecerase
nas instalacións da incubadora.
UNINOVA dispón de despachos desde
15m2 ata módulos industriais
de 100m2 con peiraos de carga
que ofrecen unha gran versatilidade
para adaptarse ás circunstancias
específicas de cada empresa.
Cada módulo está equipado
cos seguintes servizos:
i.
Saída a internet via fibra óptica
ii.
Acceso dixital a voz e datos
iii.
Servizo de secretaría e central
telefónica
iv. Servizo de traduccións
v. Servizo de seguridade
vi. Tramitación de axudas ante
organismos públicos, nacionais
e europeos
vii. Biblioteca de xestión empresarial,
marketing e innovación tecnolóxica

Seguimento
e apoio
As empresas instaladas en Uninova beneficiaranse
en todo momento do apoio dun equipo
de expertos en materia de xestión,
deseño comercial, económico-financeiro
e informático ademais
dun continuo asesoramento na xestión
empresarial.
Realizarase un seguimento semestral
do balance e
conta de resultados das empresas
para comprobar o seu saneamento.

Internacionalización
A partires do segundo ano de actividade
espérase que as empresas leven
a cabo operacións comerciais
no exterior polo que UNINOVA lles falicilitará
un estudo dos mercados internacionais
así como o establecemento de
contactos no exterior.

Formación
Uninova, consciente da importancia que
ten a formación en todas
e en cada unha das fases do proceso
de creación dunha empresa, presta
unha especial atención a este
capítulo mediante a impartición
de xornadas formativas
tanto na fase previa da incubación
(formación teórica e práctica
sobre como elaborar o plan de empresa)
como na fase de asentamento na incubadora
(organizando cursos de breve duración
e eminentemente prácticos sobre
marketing, finanzas, management) ademais
de impartir cursos a medida das necesidades
de cada unha das empresas.
