|
UNINOVA
é a incubadora de empresas innovadoras
e de base tecnolóxica promovida pola
Universidade
de Santiago de Compostela e o Concello
de Santiago. Creada en 1999 co obxectivo
de promover a creación de empresas
no ámbito universitario.
A USC
canaliza a través do Programa UNIEMPRENDE
a difusión da cultura emprendedora,
a promoción de novas empresas e o
financiamiento das mesmas.
Esta
experiencia pioneira enmárcase dentro
do Plan Estratéxico da USC,
que impulsa a creación de empresas
innovadoras no contexto de transferencia
de tecnoloxía á sociedade
galega, contribuíndo así a
modernización do tecido empresarial
e a creación de postos de traballo
no contorno económico da USC.
UNINOVA é froito
dunha cultura empresarial innovadora que
se nutre da investigación máis
punteira para levar adiante proxectos de
base tecnolóxica. Mantén desta
maneira, un continuo feed-back coa universidade
compostelán para unha identificación
inmediata das iniciativas con maior proxección.
UNINOVA é socia de importantes asociacións
internacionais que actúan como foro
de debate onde se perfilan as máis
importantes liñas de actuación
en avances científicos e tecnolóxicos:
- IASP
(International Association of Science Parks)
- TII
(Tecnology Information Innovation)
  |
UNINOVA
Polígono do Tambre - Vía
La Cierva, s/n
(Recinto Mercagalicia)
15890 Santiago de Compostela
ESPAÑA |
Tel. +34 981 51 96 00
Fax. +34 981 55 77 07
e-mail: emprender@uninova.org
web: www.uninova.org |
|