PAIT DA USC (PUNTO DE ASESORAMENTO E INICIO DE TRAMITACIÓN)
para a prestación dos servizos que prevé a lexislación vixente propios dos PAIT:
SERVIZOS DO PAIT DA USC
- Prestar servizos de asesoramento integral e información aos emprendedores da UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, tanto na definición e tramitación administrativa das súas iniciativas empresariais como durante os primeiros anos de actividade das mesmas.
- Realizar o trámite de constitución de empresas baixo a forma xurídica de S.R.L., S.L.N.E e autónomos por vía telemática nun acto único administrativo.
- Outros servizos: rexistro de dominio .es xunto con aloxamento e correo, así como a solicitude de reserva dunha Marca ou Nome Comercial para a empresa que se vai a constituír.
TRAMITACIÓN TELEMÁTICA
O PAIT realiza toda a tramitación telemática mediante o sistema desenvolvido pola DGPYME utilizando o Documento Único Electrónico (DUE), que leva a cabo o intercambio da documentación necesaria para a creación de empresas.
VANTAXES
- Axiliza os trámites administrativos, co conseguinte aforro de tempo e custos para a creación dunha empresa, en 48 horas.
- Simplifica os trámites de constitución e posta en marcha, evitando desprazamentos: o empresario só ten que ir ao PAIT DA USC e ao Notario.
- Non necesita utilizar formularios en papel.
Máis información
Para información sobre os trámites para a creación da empresa, contactar con:
Mónica Suárez Gómez
Responsable do PAIT da USC
e-mail: monica.suarez@usc.es
Teléfono: 881 815 593
