UNINOVA
INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
ENGLISH
 
 
eventos


 
noticias
  02/06/2008 A USC organizou o VIII Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario. | ler máis...
  22/05/2008 Entrega dos premios do VIII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela | ler máis...
  06/05/2008 O Reitor da USC elixido presidente da RedEmprendia | ler máis...
 
   
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 

02/06/2008  A USC organizou o VIII Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario.
A Universidade de Santiago de Compostela celebrou os días 29 e 30 de maio de 2008 a oitava edición do Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario na Facultade de Química de Santiago.

23/05/2008  Premios Eganet edición 2008
Dúas empresas de Uninova resultaron finalista e gañadora na quinta edición dos premios Eganet

22/05/2008  Entrega dos premios do VIII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela
O día 21 de maio tivo lugar no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome o acto de entrega dos premios da VIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC.

06/05/2008  O Reitor da USC elixido presidente da RedEmprendia
Senén Barro Ameneiro, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, foi elixido presidente da RedEmprendia, rede internacional de incubadoras universitarias.

01/04/2008  Uninova organizou o Curso do Emprendemento Universitario 2008
A incubadora de empresas Uninova organizou desde o luns 24 ata o venres 28 de marzo de 2008 unha nova edición do Curso do Emprendemento Universitario que nesta ocasión levaba o lema ‘O que te interesa saber antes de crear a túa empresa’.

10/03/2008  Uninova organizou un curso sobre a reforma contable e a súa incidencia no software empresarial
A incubadora de empresas Uninova celebrou os días 12 e 13 de marzo de 2008 un curso sobre a reforma do Plan Xeral Contable e as súas repercusións para as empresas.

21/02/2008  Entrega dos premios do VIII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC
O día 20 de febreiro tivo lugar o acto de entrega dos premios da VIII edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela.

31/12/2007  Uninova organiza un taller sobre “Presentación e xestión de proxectos ao VII Programa Cadro”
Uninova organizou recentemente un taller eminentemente práctico sobre a xestión e a presentación de proxectos ao VII Programa Cadro de IDT da Unión Europea”.

04/12/2007  As empresas Nanogap e Neoker, promovidas polo programa Uniemprende, galardoadas nos premios Enisa á innovación 25 aniversario
Nanogap e Neoker, spin-off apoiados polo programa de creación de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, gañadoras dos premios Enisa (Empresa Nacional de Innovación, S.A.).

03/12/2007  A empresa Soluciones Innovadoras Imasde, S.L. gaña o premio Ideas María José Jove Santos
A empresa de biotecnoloxía IMASDE, domiciliada en Uninova, resultou a ganadora do primeiro premio Ideas María José Jove Santos.

19/11/2007  Uninova organizou a Semana do Emprendemento Universitario nos campus de Santiago de Compostela e Lugo
A incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, UNINOVA, organizou desde o día 12 ata o día 16 de novembro de 2007 a Semana do Emprendemento Universitario, cunha serie de actividades encamiñadas a promocionar a cultura emprendedora entre os estudantes e a potenciar a creación de spin-offs universitarios.

12/11/2007  A empresa Galchimia galardoada nos premios AMJE Emprende 2007
Galchimia, empesa promovida desde Uninova, recibíu o segundo premio da VIII edición dos Premios AMJE Emprende da Asociación Marineda.

26/10/2007  Uninova coordinou unha acción formativa sobre o uso de Internet na empresa
Uninova organizou o día 25 de outubro na Facultade de Dereito unha acción formativa para emprendedores universitarios sobre a utilización de Internet no ámbito empresarial.

10/10/2007  Uninova celebrou unha xornada sobre a optimización das TIC na empresa
Uninova organizou o día 9 de outubro na Facultade de Dereito unha xornada para emprendedores universitarios sobre a utilización de ferramentas TIC no ámbito empresarial.

10/09/2007  Soluciones Innovadoras IMASDE, S.L. premiada no concurso Compostela Activa
Soluciones Innovadoras IMASDE, S.L, - empresa domiciliada en Uninova- resultou gañadora no concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2007.

02/07/2007  VII congreso internacional sobre emprendemento universitario: spin-offs académicos
A Universidade de Santiago de Compostela, a través do seu programa de creación de empresas UNIEMPRENDE, organizou a sétima edición do congreso internacional sobre emprendemento universitario os días 28 e 29 de xuño de 2007.

15/06/2007  Uninova organiza unhas xornadas sobre a incidencia das novas tecnoloxías na xestión financeira
A incubadora de empresas da USC, Uninova, organizou os días 12 e 14 de xuño unhas xornadas nas que se analizou a incidencia das novas tecnoloxías na xestión económico financeira da empresa.

22/05/2007  Uninova organiza unha mesa de expertos en e-learning
Unha mesa de expertos en e-learning organizada por Uninova destaca a necesidade dun maior apoio institucional ao sector das tecnoloxías aplicadas á aprendizaxe.

02/05/2007  Entrega dos premios do VII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela
O día 2 de maio tivo lugar o acto de entrega dos premios do VII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela.

24/04/2007  Uninova organiza unha xornada sobre “Business Intelligence”
UNINOVA organiza os días 24 e 26 de abril de 2007 na Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, unha xornada formativa dirixida a empresas innovadoras coa finalidade de fomentar a integración de ferramentas TIC na xestión das relacións cos clientes.

05/03/2007  A empresa Etnoga Xestión do Patrimonio Cultural resultou premiada na XII edición dos premios Bancaja Novos Emprendedores


11/01/2007  Entrega dos premios do VII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela
O día 11 de xaneiro tivo lugar o acto de entrega dos premios do VII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela.

26/10/2006  UNINVEST gañador do Premio á Mellor Iniciativa Pública 2006 da revista Actualidad Económica.
A sociedade de capital risco UNINVEST, xestora do Fondo Nacional de Capital-Risco denominado I+D Unifondo, resultou gañadora do Premio á Mellor Iniciativa Pública 2006 da revista Actualidad Económica .

25/10/2006  Galician Marine Aquaculture, S.L. gañadora do premio “Empresa Revelación” de Actualidade Económica
A empresa Galician Marine Aquaculture, S.L. (incubada en Uninova) resultou gañadora do Premio ao éxito empresarial en Galicia 2006, na sección Empresa Revelación, que organiza a revista Actualidade Económica.

02/10/2006  Uninova asina un protocolo de colaboración con Ideia-Atlântico (Portugal)
A Incubadora de empresas UNINOVA asinou recentemente un convenio de colaboración con Ideia-Atlântico (Instituto de Desenvolvimento Empresarial e Inovação do Atlântico) de Portugal en relación cun proxecto destinado a promover a creación dun Centro de Incubación de Empresas de Base Tecnolóxica na rexión de Braga, proxecto xa aprobado en primeira fase.

20/09/2006  Uninova participou en San Sebastián e Biarritz na última reunión de traballo do proxecto europeo 2xTRA
UNINOVA, incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, ven de participar na oitava e última reunión de traballo enmarcada no proxecto europeo 2xTRA (Technology Transfer Research Results Atlantic Area).

13/09/2006  Unha empresa de Uninova gañadora na última edición dos premios “Novas Ideas Empresariais” de Compostela Activa
Un proxecto empresarial innovador asesorado desde Uninova, e ubicado actualmente na incubadora, AT SERVICIOS, resultou gañador no apartado xeral da última edición dos Premios do Concurso Compostela Activa organizado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago.

03/07/2006  UNINOVA participa na 2ª reunión do Proxecto Europeo Seedtrans
UNINOVA asistíu o 27 de xuño, en Nápoles, á segunda reunión de socios enmarcada dentro do Proxecto Europeo SEEDTRANS "Seed Fund Management Training Programme" integrado no programa europeo Leonardo da Vinci.

15/06/2006  Reunión de traballo do proxecto europeo 2xTRA en Santiago de Compostela
UNINOVA ven de organizar a sétima reunión de traballo do proxecto europeo 2xTRA, que persegue unha mellora dos procesos de transferencia de tecnoloxía na Rede Atlántica.

17/04/2006  I Día do Emprendedor de Galicia
O próximo día 23 de maio terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a celebración do I Día do Emprendedor de Galicia.

03/04/2006  UNINOVA, Primeira Incubadora de España en acadar a Certificación de Calidade baseada na norma UNE-EN ISO 9001:2000
O luns 3 de abril de 2006 tivo lugar o acto de entrega da Certificación de Calidade na norma UNE-EN ISO 9001:2000, converténdose UNINOVA na primeira incubadora de empresas en obter esta certificación.

28/03/2006  Entrega dos premios do VI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidad de Santiago de Compostela
O día 28 de marzo tivo lugar o acto de entrega dos premios do VI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela.

20/03/2006  Reunión do xurado do VI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC
O vindeiro 23 de marzo terá lugar a reunión do xurado encargado de avaliar as candidaturas presentadas ao VI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC.

19/03/2006  UNINOVA participa na primeira reunión do proxecto europeo TRANSTIC
A incubadora de empresas da USC participa na primeira reunión de posta en marcha do proxecto europeo TRANSTIC.

08/03/2006  IV Convocatoria Premio Salón do Emprendedor do Atlántico á iniciativa empresarial
O Salón do Emprendedor do Atlántico convoca a cuarta convocatoria do Premio Salón do Emprendedor do Atlántico á iniciativa empresarial nas modalidades “novas empresas innovadoras” (4.000 euros) e “mulleres emprendedoras” (3.000 euros).

27/02/2006  Uninova participou en Burdeos nunha reunión de traballo enmarcada dentro do proxecto europeo 2xTRA
UNINOVA ven de participar en Burdeos na sexta reunión de traballo do proxecto 2xTRA, sendo o seu tema principal a posta en marcha dunha Rede Atlántica en transferencia de tecnoloxía.

03/02/2006  Uninova participa en Burdeos nunha reunión enmarcada dentro do Proxecto Europeo 2xTRA
Uninova participará a finais do mes de febreiro en Burdeos, na sexta reunión de traballo do proxecto 2XTRA que ten como obxectivo a mellora dos procesos de transferencia de tecnoloxía no Espazo Atlántico.

30/01/2006  Seminario ´´Falar en Público: Técnicas de Expresión Oral e Corporal´´
Os próximos días 2 e 3 de febreiro o Programa Uniemprende da Universidade de Santiago de Compostela organiza o seminario "Falar en público: técnicas de expresión oral e corporal".

12/01/2006  I Congreso da Asociación de Xóvenes Empresarios de Galicia (AJE)
Os próximos días 23 e 24 de febreiro a Asociación de Xóvenes Empresarios de Galicia (AJE) vai celebrar o I Congreso de Xóvenes Empresarios de Galicia en colaboración coa Consellería de Traballo.

11/01/2006  3 proxectos asesorados en Uninova entre os gañadores de Compostela Activa
Tres proxectos empresariais innovadores asesorados desde Uninova (Etnoga, Soluciones y Proyectos de Información e Galexport) resultaron gañadores na última edición dos premios do concurso Compostela Activa organizado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago.

 

 
 
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas en UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.
AENOR