UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Entrega dos premios do XII Concurso de Proxectos da USC

Hoxe foron entregados os premios da XII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC no Salón Nobre da Universidade de Santiago.

Photo

(28/02/2012)  Esta mañá tivo lugar a entrega dos premios dunha nova edición do Concurso de Proxectos da USC nun acto presidido polo reitor, Juan Casares Long, no que tamén interviñeron o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o subdirector xeral de Apoio á Contratación, aos Emprendedores e ao Traballo Autónomo, Jorge Barros de la Peña; o vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación, Pablo Ramil; e o director do programa Uniemprende, Carlos Hernández Sande.

PRIMEIRO PREMIO DE BASE TECNOLÓXICA: BIOCEN
O primeiro premio da categoría “base tecnolóxica”- dotado con 5.000 euros e ata outros 24.000 de financiamento mediante préstamo participativo- foi para BIOCEN, proxecto que se dedicará á reutilización de cinzas de biomasa e industria madeireira como fertilizantes orgánicos en cultivos forestais, agricultura ecolóxica e agricultura tradicional. Os seus promotores, o profesor Agustín Merino e a enxeñeira Beatriz Omil, sinalaron que o carbón vexetal que conteñen as cinzas permite mellorar a fertilidade do solo e contribúe a loitar contra o cambio climático. Ademais, na actualidade a maior parte das cinzas que se xeran nas plantas de biomasa van parar aos vertedoiros ocasionando un problema de contaminación, o que á súa vez ten un custe asociado ás empresas similar ao de tamizar as cinzas, transportalas e esparcilas. Explotacións agrogandeiras e forestais, grupos empresariais, comunidades de montes veciñais e cooperativas agrarias atópanse entre os potenciais clientes deste proxecto que prevé a contratación de tres persoas en breve e dúas máis logo do primeiro ano de actividade.

SEGUNDO PREMIO DE BASE TECNOLÓXICA: GENAQUA
O segundo premio da categoría “base tecnolóxica” - dotado con 3.000 euros- foi para GENAQUA, unha empresa constituída en 2011 e dedicada a prover servizos de mellora xenética que faciliten ás empresas acuícolas, nacionais e internacionais, unha mellora da súa produción de maneira rendible e sostible, baseándose na aplicación de técnicas de xenética molecular e campos afíns. O seu alto grao de innovación é o seu factor diferencial, concretado na transferencia inmediata ás empresas do sector do coñecemento desenvolvido nos centros de investigación e universidades arredor de técnicas especializadas no desenvolvemento de marcadores moleculares específicos para cada especie acuícola e empresa. O equipo promotor está composto polo doutor en Veterinaria Adrián Millán, a especialista universitaria en dirección de empresas evolucionadas Mónica Otero, e o catedrático en Xenética Paulino Martínez.

PRIMEIRO PREMIO EMPRESA XOVE: MENUS.ES
O primeiro premio da modalidade “empresa xove” – dotado con 2.500 euros- foi para MENUS.ES, iniciativa empresarial constituída en 2011 que ofrece información diariamente actualizada de menús, cupóns de desconto e restaurantes xeolocalizados de toda España a través dunha plataforma web. Os usuarios poden acceder a información relativa ao menú de cada restaurante, distancia á que se atopan, prezo do prato, restaurantes concretos ou menús de distinta tipoloxía, entre outras posibilidades. Na actualidade xa traballan na empresa trece persoas, tres en Lugo, nove en Coruña e unha en Madrid, estando prevista a incorporación de dúas máis de xeito inmediato. Ao longo deste ano, en total, incorporaranse ao cadro de persoal dez persoas. Os promotores desta iniciativas son Roi Correa, de Ciencias Empresariais da USC, e Joaquín de Santiago, de Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión na Universidade de Vigo.

SEGUNDO PREMIO EMPESA XOVE: RECURSOS Y SERVICIOS GERONTOLÓGICOS GALLEGOS
O segundo premio de “empresa xove” – dotado con 1.500 euros- foi para RECURSOS Y SERVICIOS GERONTOLÓGICOS GALLEGOS, proxecto centrado no coidado das persoas nos seus respectivos enderezos o máximo tempo posible. Esta iniciativa inclúe un servizo de teleasistencia avanzada baseada na comercialización de telexerontoloxía, dispositivo capaz de achegar ás persoas maiores a través de internet diferentes funcionalidades dos campos da saúde e social como o entretemento cognitivo, a posibilidade de contactar con profesionais por medio de videoconferencia ou a posibilidade de seguir en liña sesións de rehabilitación física.
Constituída o pasado ano, na empresa traballan dez persoas, coa previsión de que nos próximos meses esta cifra se poda incrementar noutros catro traballadores. Os seus promotores son o catedrático da Universidade da Coruña José Carlos Millán, o licenciado en Dereito Sergio Diéguez e María Luisa Ansorena, presidenta da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados da Coruña.

PREMIO MULLER EMPRENDEDORA: DEROCERAS
O premio “muller emprendedora” foi nesta edición para DEROCERAS, proxecto dedicado aos servizos de alto valor engadido encamiñado a prestar servizos de consultaría especializada en xestión e control de especies ‘praga’ de invertebrados terrestres (caracois e babosas). Entre os seus cometidos, o proxecto inclúe a consultaría, asesoramento e a investigación tanto na xestión de especies praga como nos métodos de control biolóxico e novas alternativas de control. A idea xorde dunha liña de investigación propia do grupo de Malacoloxía.
Neste senso, as alertas para a aplicación de pesticidas é un servizo totalmente innovador xa que non existe competencia actualmente e basearase no desenvolvemento de modelos de predición de actividade e abundancia de especies dunha praga e non soamente baseados na presenza ou ausencia da especie, no que se basean os modelos actuais. O equipo de promotores está integrado polos doutores en Bioloxía María Córdoba e Javier Iglesias, a licenciada en Bioloxía Paula Ribadulla e o catedrático José Castillejo, todos eles da USC.

Photo
Promotores de BIOCEN
Photo
Promotores de GENAQUA


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR