UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Presentación de REDINCUBA, Rede de Incubadoras de Empresas Tecnolóxicas e Innovadoras

Hoxe tivo lugar, en Santiago de Compostela, a presentación e o acto de firma de constitución de Redincuba nun evento presidido polo reitor da USC e no que tamén tomaron parte os reitores da Universidade de Vigo e da Universidade de A Coruña.

Photo
Presentación de Redincuba por parte dos tres reitores

(16/11/2011)  Esta mañá os tres reitores das universidades galegas presentaron no Edificio Emprendia da USC REDINCUBA, Rede de Incubadoras de Empresas Innovadoras e Tecnolóxicas e, a continuación procedeuse á firma dos estatutos da asociación e da acta da asemblea constituínte por parte dos membros da xunta directiva. Na xornada estiveron presentes representantes das oito institucións e entidades que conforman a Rede: a incubadora de empresas da USC e o Concello de Santiago (Uninova), a Universidade de A Coruña, a Fundación da Universidade de Vigo, Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia, a Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI), a Fundación CEL, o Centro de Empresas e Innovación CEI-Nodus de Lugo e os Centros de Iniciativas Empresariais do Consorcio de la Zona Franca de Vigo.

Redincuba é unha entidade sen ánimo de lucro promovida por Uninova, cuxo obxectivo principal é ser un instrumento de referencia en materia de creación de empresas, así como un elemento integrador e facilitador da cooperación entre os axentes implicados na creación de novas iniciativas empresariais, o que favorecerá a posterior consolidación das empresas no mercado.

Uninova, coñecedora da existencia dunha masa crítica de unidades de incubación e viveiros de empresas orientados a fomentar iniciativas innovadoras e tecnolóxicas que xurden a partir de resultados de I+D+i así como empresas cualificadas como IEBT (Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica ) impulsa a creación de Redincuba dentro dun proxecto de cooperación denominado “incuba.t.net” no que se integraron os viveiros e centros de iniciativas empresariais das tres universidades galegas, o CEI-Nodus, CIE A Granxa- Consorcio Zona Franca de Vigo, Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi), Fundación Cel e Tecnópole. O proxecto foi cofinanciado no marco de convocatorias de axudas da Secretaría General de Industria do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio (MITYC), dentro do “Programa Emprendemos Juntos“, convocatoria de axudas para centros de apoio a emprendedores.

A Rede facilitará, dentro da Comunidade Autónoma Galega, o intercambio de boas prácticas e metodoloxías no eido da incubación, a transferencia de tecnoloxía así como da xestión da innovación e da súa sistematización contribuíndo, a unha mellora nos servizos ofertados conseguindo deste xeito proporcionar uns servizos de alto valor engadido aos promotores das empresas innovadoras e de base tecnolóxica.

A colaboración entre distintos axentes do sistema galego de creación de empresas innovadoras e de base tecnolóxica permitirá un mellor coñecemento mutuo así como a realización de actividades conxuntas, en especial entre PEMES, incubadoras e axentes especializados en creación de empresas de base tecnolóxica.

Desde Redincuba, se pretende complementar os esforzos das entidades que forman parte da asociación e que impulsan a creación e desenvolvemento de novas iniciativas empresariais innovadoras creando unha oferta de servizos máis especializada e adaptada ás verdadeiras necesidades dos emprendedores.

O obxectivo xeral que se persegue desde a asociación é a especialización, complementación e formación do persoal directivo e técnico das incubadoras membros da Rede, co gallo de lograr unha mellor calidade nos servizos e incrementar a oferta dos mesmos para conseguir deste xeito a creación dun maior número de empresas innovadoras e de base tecnolóxica así como facilitar a consolidación no mercado das que xa se atopàn en fase de post incubación.

Os obxectivos específicos da Rede son os seguintes:
 Defender, representar, promover e salvagardar os intereses xerais das incubadoras asociadas e do conxunto do sector.
 Potenciar e reclamar dos organismos competentes a promoción, creación e mantemento das incubadoras empresariais.
 Fomentar o benchmarking entre incubadoras.
 Crear e manter a Rede ou as redes de expertos en incubación de empresas que permitan, entre outras, ofrecer servizos avanzados en consultoría de empresas.
 Procurar a mellora da produtividade das empresas promovidas.
 Procurar a participación en redes nacionais e internacionais de apoio ao emprendemento tanto por parte da propia Asociación como dos seus membros.
 Contribuír a incrementar e dinamizar a actividade económica, favorecendo o desenvolvemento equilibrado do territorio mellorando o emprego.
 Fomentar a colaboración con outras asociacións ou organizacións que persigan obxectivos iguais ou semellantes.
 Contribuír activamente á formación do persoal dos asociados e das empresas por elos promovidas na xestión de I+D+i.
 Fomentar a colaboración, cooperación e intercambio de servizos entre os asociados así como o traballo en rede.
 Contribuír activamente a la consecución de melloras sociais, económicas e profesionais dos asociados e das empresas por eles promovidas.
 Contribuír activamente á formación, promoción e información dos asociados e a difusión das súas actividades.

A xunta directiva de Redincuba está integrada polos seguintes membros:
 Presidente: Juan J. Casares Long, reitor da Universidade de Santiago de Compostela en calidade de presidente do consello de administración de Uninova.
 Vicepresidente primeiro: Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da Universidade de Vigo en calidade de presidente da Fundación da Universidade de Vigo.
 Vicepresidente segundo: José María Barja Pérez, reitor da Universidade da Coruña
 Vogais:
- Ricardo Capilla Pueyo, conselleiro delegado do Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., en representación do Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.
- Manuel Aranda Rivero, xerente da Cidade Tecnolóxica de Vigo en representación da Cidade Tecnolóxica de Vigo, S.A. (CITEXVI)
- Luis García Santalla, presidente ejecutivo de la Fundación Cel, en representación de la Fundación CEL
- José Clemente López Orozco, alcalde de Lugo en calidade de presidente do CEI-Nodus do Concello de Lugo.
- María Teresa Pisano Avello, delegada especial do Estado para o Consorcio de la Zona Franca de Vigo en calidade de representante legal do Cie-A Granxa

No acto de hoxe tamén tivo lugar o nomeamento do secretario xeral de Redincuba, José Luis Villaverde Acuña, Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC.

REDINCUBA
Sede de Uninova
Edificio Emprendia
Campus Vida, s/n
Universidade de Santiago de Compostela
15782 Santiago de Compostela
Tel. +34 881 815 595

Documento relacionado:
doc

Photo
O acto contou coa participación de numeroso público
Photo
Firma da constitución da Rede


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR