UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Entregados os premios da XII edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

A Universidade de Santiago de Compostela galardona cinco ideas empresariais innovadoras de universitarios galegos.

Photo

(28/09/2011)  Un ano máis, a Universidade de Santiago de Compostela entregou os premios do seu xa tradicional concurso de ideas empresariais innovadoras, que está aberto ás tres universidades galegas. Na edición 2011, resultaron gañadoras as seguintes ideas: “Cultivo sustentable de cogomelos sobre substrato consistente en pousos de café”, “Vehículos eléctricos de uso profesional con alto valor engadido”, “The interactive cell”, “Vinagre balsámico galego” e “Software de rastrexo documental SRD”.

Os gañadores e gañadoras proceden das Facultades de Bioloxía e Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela e da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo. Os premios foron entregados nun acto presidido polo reitor Juan Casares e no que tamén participaron o subdirector xeral de Apoio á Contratación, aos Emprendedores e ao Traballo Autónomo, Jorge Barros; a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; e o director do Programa Uniemprende, Carlos Hernández.

A XII convocatoria do concurso estivo dirixida, como as anteriores, á comunidade universitaria galega e a todas as áreas de coñecemento. Presentáronse un total de 241 ideas empresariais e, tras seren avaliada a súa viabilidade empresarial, o seu carácter innovador, o seu grao de madurez, o mercado potencial e a aplicación de políticas de igualdade, foron seleccionadas cinco delas para ser galardonadas con 600 euros cadansúa. Por outra banda, todos os gañadores terán a oportunidade de realizar un seminario de formación sobre planificación empresarial co gallo de converter a idea nun proxecto empresarial.

O xurado deste concurso estivo presidido polo vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago, Francisco González, e contou coa participación do director do Programa Uniemprende, Carlos Hernández; o secretario xeral de Universidades, Alberto Díez de Castro; o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida; a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva; a decana de Ciencias Económicas da USC, Emilia Vázquez; a directora da Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora da USC, Loreto Fernández; a directora da Cátedra Jaime Vera de Emprendemento Social da USC, Elena Vázquez; a directora xeral de Bic Galicia, Maite Cancelo; e o director de Promoción de Xesgalicia, José Manuel Ortigueira.

IDEAS GAÑADORAS.

CULTIVO DE COGOMELOS SOBRE SUBSTRATO DE POUSOS DE CAFÉ
Ignacio Mielgo de Luque, licenciado en Bioloxía pola USC, presentou unha idea que consiste na creación dunha granxa de cultivo sustentable de cogomelos sobre substratos reciclados da súa zona de influencia, concretamente os pousos de café recollidos diariamente en cafeterías da área de Vigo. As especies a cultivar serían o cogomelo ostra e shiitake, que se comercializaría fresco, deshidratado e conxelado. Ademais estase a deseñar un kit de autocultivo para que sexa o propio cliente o que o faga na súa casa. Con esta idea, moi estendida en rexións cafeteiras, se reciclarían uns 1.000 quilogramos de café ao mes e se obtería un cogomelo cunhas características organolépticas moi distintas aos que se comercializan na actualidade.

VEHÍCULOS ELÉCTRICOS DE USO PROFESIONAL CON ALTO VALOR ENGADIDO
Plácido José Míguez Durán e Florentino Míguez Durán, enxeñeiros industriais pola Universidade de Vigo consiste na fabricación de vehículos eléctricos lixeiros de uso profesional equipados con elementos tecnolóxicos, técnicos e de deseño que lle acheguen valor engadido ao produto final. O carácter innovador desta proposta basease na inexistencia no mercado de vehículos eléctricos coas características específicas deste: sistema de tracción eléctrica, deseño exterior, capacidade de circular á velocidade máxima establecida por todo tipo de vías nun peso máximo autorizado de 1.600Kg. O produto sería construído coa industria existente en Galicia e se comercializaría coa fórmula do renting, aínda que non se descarta a fórmula de venta tradicional.

THE INTERACTIVE CELL (TIC)
Ana Paula de Felipe, estudante da Facultade de Bioloxía da USC propón aprender xogando cun programa de ordenador no que o usuario, convertido na personaxe ‘proteína’, poderá observar a célula desde dentro e participar nos mecanismos que teñen lugar nela tentando mantela sempre con vida. O xogo contempla distintos niveis, desde un estudante de primaria ata un universitario. Podería ser ben un un xogo-CD, ben un arquivo de descarga gratuíta en internet con pagos concretos a medida que se fosen superando fases.

ELABORACIÓN DE VINAGRE BALSÁMICO GALEGO (VINAGRE BALSÁMICO MENCÍA)
Paticia Amado Vidal, licenciada en Bioloxía pola USC pretende elaborar un vinagre balsámico orixinario da zona da Ribeira Sacra que permita elevar o valor engadido dos produtos desa área, ademais de incorporar unha nova referencia nun mercado en forte crecemento.
Escolleuse a variedade de uva mencía dada sas súas similitudes coas variedades de uva da zona italiana de Emilia-Romaña, berce do Acceto balsámico.

SOFTWARE DE RASTREO DOCUMENTAL (SRD )
Cristina Vidal Martínez, licenciada en Ciencias Políticas pola USC suxire desenvolver un software de rastreo documental (SRD) que permita facer un seguimento de toda acción asociada a un documento posibilitando identificar cando se fan accesos, copias, envíos ou modificacións, proporcionando ao autor un informe instantáneo desa actividade. Tería utilidade en casos de filtracións de exames ou de espionaxe industrial. SRD sería un software parasito para os formatos Word, PDF, Excel... de maneira que complemente os sistemas de seguridade existentes.

Documento relacionado:
docFolleto do XII Concurso de ideas empresariais innovadoras da USC



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR