UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Lanzamento do programa de REDEMPRENDIA “Novos emprendedores: aprendendo a emprender”

A Universidade de Santiago de Compostela participa no Programa de Redemprendia “Novos emprendedores: aprendendo a emprender” que se lanzou o martes 31 de maio de 2011 a nivel internacional.

Photo

(01/07/2011)  Trátase de ofrecer a emprendedores vencellados á Universidade de Santiago de Compostela a posibilidade de realizar estancias formativas en empresas, cunha recoñecida traxectoria empresarial, do seu sector de actividade ou similar, ubicadas no espazo iberoamericano e dentro dos países vinculados a RedEmprendia.

Con este programa trátase fundamentalmente de promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe intercultural, a formación e a xeración de contactos internacionais entre novos emprendedores (os que están madurando a idea de transformar en empresa o seu proxecto empresarial) e empresarios de menos de 1 ano, mediante a realización de estancias formativas en empresas vinculadas aos membros de RedEmprendia, cunha duración de entre 2 e 6 meses.

As estancias poderán ser realizadas nos seguintes países: Portugal, México, Chile, Arxentina e Brasil. Ademais dentro do territorio español poderanse realizar estancias en Barcelona, Madrid e Valencia. A duración mínima será de 2 meses e a máxima de 6 contribuíndo o programa cunha achega económica que oscila entre os 3.000€ para as estancias mínimas e os 7.000 € correspondentes a estancias de 6 meses (neste importe está incluído o prezo da viaxe).

Entre os requisitos a cumprir polo emprendedor interesado en participar neste programa destacamos: dispoñer dun plan de empresa, ser maior de idade, e contar coa formación adecuada para levar a cabo o seu proxecto empresarial e ter algún tipo de vinculación coa USC.

Para máis información contactar, dentro da Universidade de Santiago de Compostela, coa Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento ou con Uninova, a través do e-mail info@uninova.org ou do teléfono 881 815 593.

A través desta proposta preténdese estimular a iniciativa empresarial, a competitividade, a internacionalización e o crecemento das PEMEs así como contribuír á transferencia de coñecemento técnico e ao desenvolvemento de capacidades de xestión nas PEMEs.

Os interesados en participar deberán cumprimentar a ficha de inscrición no enlace http://www.redemprendia.org/formularios/movilidad

Documento relacionado:
docPrograma Redemprendia ´´Nuevos Emprendedores: aprender a emprender´´



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR