UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


A Unión Europea Lanza o Programa “Erasmus para Novos Emprendedores” onde Uninova participa como organismo intermedio

A Unión Europea lanza hoxe en Bruxelas a segunda fase do programa europeo de intercambio de emprendedores e empresas “Erasmus para Novos Emprendedores”, que conta coa participación de UNINOVA como organismo intermedio.

Photo

(24/02/2010)  A finalidade do lanzamento desta segunda fase do programa a nivel europeo é a de dar a coñecer os resultados acadados no pasado ano e de presentar aos emprendedores a ampliación do mesmo. Uninova, a incubadora de empresas da USC e membro do programa Uniemprende, participa no Programa Erasmus como organización intermedia, liderando un consorcio do que tamén forman parte a Universidade de Münster, Jena en Alemaña e o SPINPARK de Portugal.

O programa Erasmus para Novos Emprendedores é unha iniciativa dirixida a axudar a novos emprendedores (NE) a adquirir habilidades para xestionar PEMES. Para elo os emprendedores terán a posibilidade de compartir un tempo (de 1 a 6 meses) cun empresario experimentado doutro país da Unión Europea.

Os requisitos que debe cumprir o novo emprendedor é ter un plan de empresa ou unha empresa xa constituída de non máis de 3 anos de existencia, ademais de motivación e ganas de vivir unha experiencia que por seguro marcará a súa traxectoria empresarial.

Por outro lado, este programa tamén vai dirixido a aquelas empresas PEMES dispostas a acoller emprendedores doutros países, neste caso o único requisito é que estas empresas acolledoras teñan máis de 3 anos.

Os emprendedores coa súa participación beneficiaranse da oportunidade de aprender dun empresario con más experiencia que dirixa unha PEME noutro país da Unión Europea, facilitando o acceso a novos mercados e a busca de socios comerciais. Así mesmo, os empresarios máis experimentados que acollan nas súas entidades aos novos emprendedores poderán abrir o seu mercado a outros países da Unión Europea.

O Programa “Erasmus para Novos Emprendedores” estimula a iniciativa empresarial, a competitividade, a internacionalización e o crecemento da PEMES na Unión Europea. Ademais contribúe á transferencia de coñecementos técnicos e ao desenvolvemento da capacidade de xestión das PEMES.

UNINOVA, como organismo intermedio (IO), leva a cabo as labores de coordinación e apoio aos emprendedores e empresas participantes, así como a xestión dos emparellamentos empresariais que se xeren a nivel europeo.


Para máis información:
UNINOVA
Ana Bouzas Lorenzo
981563100-Ext. 15594
ana.bouzas@usc.es


Enlace relacionado:
www.erasmus-entrepreneurs.eu

Documento relacionado:
docPrograma Erasmus para Novos Emprendedores



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR