UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


O proxecto ENERMAT organiza en Santiago unhas xornadas sobre os desafíos tecnolóxicos da industria eléctrica

O proxecto europeo ENERMAT (New Materials for Energy), do que Uninova é entidade asociada, organizou unhas xornadas de dous días para tratar a situación actual da enerxía eléctrica e as solucións emerxentes con supercondutores.

(20/06/2011)   O Laboratorio de Baixas Temperaturas e Supercondutividade da Universidade de Santiago de Compostela (LBTS) organiza, coa colaboración de UNINOVA, o evento “Some Challenges of the Electrical Energy and Emerging Solutions with Superconductor” os días 20 e 21 de xuño no marco do proxecto europeo ENERMAT-New Materials for Energy.

O obxectivo principal desta reunión é a de presentar algún dos desafíos técnicos cos que se atopa actualmente a industria eléctrica e tamén algúns aspectos e posibilidades dos novos materiais supercondutores para abordar estes desafíos. Presentáranse á súa vez conferencias centradas en aspectos xerais da ciencia e a tecnoloxía de materiais. Así mesmo, realizarase unha sesión experimental sobre correntes críticas e supercríticas en supercondutores.

ENERMAT – New materials for the Energy, é unha rede europea cuxos obxectivos centrais son, por unha banda, a promoción da transferencia de tecnoloxía no eido dos materiais avanzados para a enerxía entre os propios laboratorios públicos de investigación involucrados e, por outra banda, o fomento da transferencia de ciencia e tecnoloxía cara ás empresas así como a creación dunha nova cultura de colaboración permanente entre o conxunto dos laboratorios membros de ENERMAT e o tecido industrial do seu contorno.

Os delegados ENERMAT das Universidades de Caen, Liverpool, Aveiro, Burdeos e Santiago de Compostela confirmaron a súa asistencia á reunión e estarán dispoñibles para falar sobre temas relacionados con materiais para a enerxía e novos proxectos de colaboración.

Documento relacionado:
docPrograma das xornadas

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR