UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


INCUBA.T.NET organiza un workshop para directivos sobre xestión de incubadoras en Vigo

O proxecto Incuba.t.net organizou un workshop para persoal directivo sobre xestión de incubadoras na Fundación Universidade de Vigo.

Photo

(25/01/2011)  O proxecto INCUBA.T.NET, que xurdíu ao abeiro do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio (MITYC), no marco da axuda CEAE (Promoción de Centros de Apoio a Emprendedores), e está integrado por Uninova, a Universidade de A Coruña, a Fundación Universidade de Vigo, Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia, Citexvi, a Fundación CEL, o Consorcio Zona Franca de Vigo-CIE A Granxa e a Fundación Paideia-CIE Mans, organizou un workshop sobre xestión de incubadoras.

Xabier Sánchez Santos, colaborador externo de Noroeste de Valor Asociados, S.L., expuxo os aspectos xerais da xestión da incubación para pasar logo a centrarse na importancia que para esta ten o enfoque estratéxico da incubadora, a súa estrutura orgánica e de persoal e o enfoque dado á comunicación e terminou insistindo na importancia das acción de seguimento das actividades desenvolvidas así como no traballo en rede. A continuación, púxose en común unha proposta de metodoloxía de xestión da incubación en rede que foi aprobada por todos os membros de Incuba.t.net.

Para rematar, Gustavo Marcos Cancelas, xerente de Uninova, presentou a forma xurídica que vai ter a futura rede de incubadoras tecnolóxicas de Galicia e afondou nas distintas alternativas existentes para o seu financiamento, acordando todos os presentes a constitución da devandita rede.

Unha vez concluída a xornada, todos os asistentes participaron nunha visita ás instalacións de CITEXVI (Cidade Tecnolóxica de Vigo, S.A.).

Documento relacionado:
docPrograma del workshop

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR