UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


O proxecto INCUBA.T.NET organiza un taller sobre a certificación de calidade e a plataforma Incuba-t

INCUBA.T.NET organiza hoxe no Parque Tecnolóxico de Ourense – Tecnópole un taller práctico no que se analizan as vantaxes da certificación de calidade e se presenta aos membros do proxecto a plataforma dixital Incubat para o asesoramento a emprendedores.

(11/01/2011)  O proxecto INCUBA.T.NET, que xurdíu ao abeiro do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio (MITYC), no marco da axuda CEAE (Promoción de Centros de Apoio a Emprendedores), e está integrado por Uninova, a Universidade de A Coruña, a Fundación Universidade de Vigo, Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia, Citexvi, a Fundación CEL, o Consorcio Zona Franca de Vigo-CIE A Granxa e a Fundación Paideia-CIE Mans, organiza hoxe no Parque Tecnolóxico de Ourense – Tecnópole un taller práctico no que se analiza como a certificación de calidade repercute positivamente nos traballos de asesoramento a emprendedores e mellora os servizos ofrecidos polas incubadoras. Así mesmo, preséntase a plataforma dixital Incubat, unha nova ferramenta que axilizará a xestión dos proxectos e os emprendedores asesorados.

Os principais obxectivos deste taller son:
-A consolidación das bases das metodoloxías da proposta inicial de xestión de incubadoras por procesos deseñadas como resultado da realización do primeiro taller, que se celebrou na Universidade de A Coruña o 14 de decembro de 2010.
-A análise para cada proceso desenvolvido da súa aplicabilidade e as necesidades de adaptación para cada unha das incubadoras participantes.
-A validación das metodoloxías de traballo en rede deseñadas como proposta para a súa posterior presentación aos responsables de cada unha das diferentes incubadoras participantes no proxecto.
-A definición dunha proposta de plan de actuación e calendario para a posta en marcha da rede, concretando actuacións a desenvolver e resultados a obter.

A metodoloxía deste taller se fundamenta na consolidación de obxectivos e metodoloxía, o debate da proposta de metodoloxías de xestión, o consenso sobre resultados e a definición de actuacións para a posta en marcha. Para cada un dos procesos se realizarán as seguintes accións:
-Revisión e validación de fluxograma
-Revisión e validación de procedementos asociados a tarefas
-Contidos para o soporte documental das actividades, Demo plataforma incuba.t de Uninova
-Recompilación de boas prácticas na rede

Documento relacionado:
docPrograma do taller

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR