UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Presentación do proxecto INCUBA.T.NET en Lugo

O proxecto Incuba.t.net foi presentado hoxe en Lugo no marco da Semana do Emprendemento.

Photo

(25/03/2011)  O alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe no acto de clausura da Semana do Emprendemento, que tivo lugar no CEI-Nodus, onde se desenvolveu a última xornada desta semana que organizou a Rede Mercurio para divulgar e fomentar o espírito emprendedor en Lugo.

O alcalde destacou que a celebración da Semana do Emprendemento é unha mostra de como se pode “traballar en rede para aproveitar sinerxías” e indicou que esta é a aposta que fai o Concello de Lugo, porque “considera necesario cooperar para fomentar o espírito emprendedor e a creación de empresas”. López Orozco puxo como exemplo desa colaboración a participación do Concello de Lugo ”nun proxecto para constituír unha rede de incubadoras de empresas tecnolóxicas e innovadoras”.

Na exposición do proxecto INCUBA.T.NET destacouse a participación das tres universidades de Galicia, de Uninova, da Fundación CEL, do Tecnópole de Ourense, de Citexvi, da Fundación Paideia e do Concello de Lugo, a través do CEI-NODUS. Na presentación do proxecto interviñeron técnicos da Universidade da Coruña, da Fundación Universidade Empresa, da CEL, a USC, a Tecnópole e o director do proxecto.

No acto de clausura tamén tomaron parte a deputada provincial Regina Polín, a vicerreitora adxunta para estudos de grao e postgrao, María Isabel González Rey, e a vicepresidenta segunda de Cogami, Mónica Álvarez.

Na sesión de hoxe, celebrada no salón de actos do CEI-Nodus, interviñeron D. José Luis Pérez Salinas, subdirector xeral de transferencia e valorización do coñecemento quen deu a coñecer a "estratexia estatal de innovación".

Posteriormente D. Xabier Sánchez Santos expuxo os resultados do proxecto Incuba.T.Net que agrupa a varios viveiros de empresa de toda Galicia.

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR