UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


X Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario e II Emporium Woman Emprende

A USC organizou o X Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario de xeito conxunto co II Emporium Woman Emprende os días 18 e 19 de novembro no Edificio Emprendia.

Photo

(19/11/2010)  O X Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario e o II Emporium Woman Emprende foron inaugurados o día 18 de novembro nun acto presidido polo reitor compostelán Juan Casares, no que estiveron tamén presentes a directora xeral do Instituto da Muller, Laura Seara; a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González; e o director-coordinador da División Global Santander Universidades, José Manuel Moreno Alegre.

Co emprendemento en feminino como argumento común, estes dous encontros déronse a man nesta ocasión co obxectivo de debater sobre a posta en valor dos resultados de investigación e a súa transferencia mediante a creación de spin-off académicos, achegando desta volta a perspectiva do xénero e o seu valor engadido. No desenvolvemento desta actividade conxunta citáronse en Santiago os principais programas e expertos sobre a temática.

O fío condutor foi a busca de espazos de colaboración e a creación de redes, servindo para fortalecer as diferentes iniciativas de éxito que se desenvolveron en todo o programa de emprendemento amparado pola USC.

Así, no programa quedaron representados temas como o liderado feminino na gran empresa ou a valorización de resultados na investigación a partir de casos como o novísimo ‘Yissum’, implementado en Xerusalén ou o consolidado modelo ‘Isis’ da Universidade de Oxford. Ademais falouse sobre o financiamento dirixido a cada unha das diferentes fases polas que discorre o proceso de creación de empresas de base tecnolóxica universitaria, compartindo novas ferramentas no ámbito mundial relacionadas coas redes de inversión e cos novos fondos de capital risco.

O programa incluíu unha reflexión sobre a necesidade de incorporar a transferencia de coñecemento ao tecido produtivo como unha das liñas de traballo para buscar posibles alternativas á crise da sociedade actual. Deste xeito, intercambiáronse enfoques sobre a cultura emprendedora universitaria, afondando na importancia do apoio á creación de empresas en áreas de humanidades e ciencias sociais, subliñando o éxito español colectado na área bio.

PROGRAMA

A xornada do xoves 18 estivo dedicada ás redes de emprendemento feminino, comezando o programa cunha mesa de debate sobre ‘Redes colaborativas: a chave do éxito nos programas de emprendemento universitario’ na que interviron o director do programa Uniemprende, Carlos Hernández Sande, María Ortís Fernández do Parc da Universidade Politécnica de Cataluña e María Márquez Gómez, do Instituto IDEAS da Politécnica de Valencia. Logo do acto de inauguración, a conselleira delegada da spin-off xurdida na USC Nanogap, Tatiana López del Río, presentou a súa experiencia e o catálogo Muller Universitaria Emprendedora. Para pechar a xornada matinal a presidenta da Asociación Española da Economía Dixital (ADIGITAL), Elena Gómez del Pozuelo, reflexionou sobre as particularidades da relación entre muller e empresa.

A valorización dos resultados de investigación centrou a sesión da tarde, comezando coa presentación do Modelo Isis de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford a cargo do seu director Tom Hockaday. A continuación, a vicepresidenta de colaboracións científicas de Yissum Research Development Company, Elena Canetti, tratou a ‘Transferencia de Tecnoloxía da Academia á industria: casos e solucións’. Para rematar esta primeira xornada o director xeral de Genoma España, Rafael Camacho, pronunciou o relatorio ‘Investir en proxectos de innovación’.

Na xornada do venres, as distintas intervencións programadas tiveron como común denominador o tema ‘Cultura emprendedora: unha nova universidade para unha nova economía’, actuando como relatores Ángeles López, a directora da OTRI da Universidade de Vigo, Cristina Costa, a directora da Área de Investigación e Innovación da Universidade Politécnica de Cataluña, Avelino Pinto, o director de Spinpark, e Adelaida de la Calle, a reitora da Universidade de Málaga.

Documento relacionado:
docPrograma do congreso

Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR