UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


IX Congreso da USC sobre emprendemento universitario

O Congreso Internacional sobre Creación de Spin-offs Universitarios analiza na súa novena edición o ecoemprendemento e as redes sociais.

Photo

(29/06/2009)  ‘O ecoemprendemento e as redes sociais’ é o lema baixo o que se celebrará estes días na Aula Magna da Facultade de Química a novena edición do Congreso Internacional sobre Creación de Spin-offs Universitarios. O reitor da USC, Senén Barro, presidiu este luns 29 a inauguración do encontro nunha sesión na que tamén estiveron presentes o secretario xeral de Universidades, Marius Rubiralta; o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida; o subdirector xeral da División Global Santander Universidades, José Manuel Moreno; e o director do programa Uniemprende da USC, Carlos Hernández.

Logo da sesión inaugural, o responsable de grupo de Isis Innovation Ltd, David Baghurst, referiuse ao proceso de transferencia de tecnoloxía na Universidade de Oxford. Seguíronlle David Rodeiro, da USC, para referirse á creación de empresas no sistema universitario español e Ignacio Mira Solves, da Universidade Miguel Hernández, que profundou na perspectiva do persoal investigador respecto da creación de spin-offs con base na investigación.

A quenda da tarde reanúdase ás 16:30 horas coa participación de Senén Barro, en calidade de presidente de RedEmprendia, para explicar aos asistentes o traballo que está a desenvolver a Red Universitaria Iberoamericana de Incubación de Empresas. Completando a sesión, Carlos Hernández falará de INBERSO como mercado alternativo de spin-off.

A xornada do martes 30 terá como temas de análise a visión da empresa de base tecnolóxica e a aceleración de Empresas de Base Tecnolóxica no Espazo Iberoamericano de Educación Superior. Así, dende ás 10:30 horas, a vicerreitora de Investigación, María José Alonso, moderará unha mesa redonda na que se poderá coñecer a experiencia de empresas como Advancell (cultivos celulares in vitro), DAS Photonics (tecnoloxía fotónica para aeronáutica e telecomunicacións) e Denodo Technologies (tecnoloxía da información e Internet).

O emprendemento
Coordinado polo programa de fomento da cultura emprendedora Uniemprende, o congreso ofrecerá aos participantes a oportunidade de discutir e intercambiar experiencias e boas prácticas sobre a transferencia de coñecemento, a creación e aceleración de spinf-offs e a internacionalización da terceira misión.

Ao longo das súas xornadas deseñadas profundarase no impacto socio-económico do emprendemento universitario, a posta en valor da tecnoloxía dende as universidades, o financiamento dos programas de emprendemento e a creación de empresas dende os espazos universitarios, facendo especial fincapé no ecoemprendemento e as redes sociais.

Neste senso e en relación á terceira misión, os organizadores do congreso consideran que “a sociedade require das universidades unha implicación activa no desenvolvemento económico, social e cultural do contorno, engadindo unha nova funcións ás xa clásicas de docencia e investigación”. Así, a asunción desta nova misión supón “importantes retos institucionais”, engaden, e “ten fortes implicacións na xestión da investigación, a innovación e a transferencia de tecnoloxía e coñecemento”.

As intervencións programadas propiciarán un intercambio de visións e puntos de vista entre os axentes implicados, de tal xeito que se profundará na visión académica da terceira misión, ao tempo que se poderá coñecer o punto de vista do inversor nas redes sociais, a perspectiva da empresa de base tecnolóxica e o alcance do proceso de internacionalización da terceira misión.

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR