UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Entrega dos premios da IX Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC

A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Programa Uniemprende, entregou os premios da última edición do seu Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores nun acto presidido polo Reitor. Nesta edición, a novena, se presentaron 45 iniciativas empresariais das tres universidades galegas.

Photo

(09/06/2009)  AMSLAB, laboratorio de análises químicos para o desenvolvemento de servizos que requiran alta tecnoloxía e alto nivel científico, fíxose co primeiro premio da categoría Base Tecnológica do IX Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC. O laboratorio, que tamén presta servizos de consultaría e asesoría técnica para proxectos de I+D, baséase na técnica HPLC-MSMS (cromatografía líquida de alta eficacia acoplada a espectometría de masas-masas). Este proxecto recibiu 9.000 euros e pode optar a outros 24.000 de financiamento mediante préstamo participativo.

A empresa achegará solucións a distintos sectores como o farmaceútico (solucións integrais nos puntos de desenvolvemento dos fármacos); industria alimentaria (solucións cara aos residuos de medicamentos e contaminantes); o medioambiente (facilitando a detección, identificación e confirmación de contaminantes; e saúde (aplicando a tecnoloxía HPLC-MSMS de alta gama ofrecerá solucións a hospitais).

AMSlab recibiu o seu galardón nun acto celebrado no Colexio de San Xerome e no que os outros premiados foron Nanoimmunotech, co segundo premio de base tecnolóxica; Minichic, premio Empresa Xove; Peloides Termales, na modalidade de Muller Emprendedora; Enerxía e Cooperación, premio ao mellor Proxecto Medioambiental; e Holística, Consultora para a Lusofonía, na categoría de Proxecto con Sensibilidade Social.

A entrega de premios contou coa asistencia do reitor da USC, Senén Barro, que estivo acompañado do vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, Xosé M. Mayán Santos; o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida Trastoy; o subdirector xeral de Xestión do PGIDIT, Benito Fernández Rodríguez; e o xerente de Uninova, Gustavo Marcos.

O segundo premio, cunha contía de 5.000 euros, recaeu na empresa NIT NANOIMMUNOTECH coa súa orixe na Universidade de Vigo. A idea de negocio é prestar servizos de funcionalización, caracterización e validación de nanopartículas previamente ao seu uso e aplicación en organismos vivos. O equipo promotor xa está traballando nestas tarefas, desenvolvendo durante 2008 un total de 33 nanopartículas para empresas e institutos de investigación.

Ademais de que neste eido existe un baixo número de competidores no ámbito español, o grao de innovación da proposta está demostrada tamén pola posesión de varias patentes sobre boa parte dos procesos e análises que levan a cabo.

Galardoado co Premio á Empresa Xove, cunha dotación de 2.000 euros, MINICHIC é un proxecto dedicado á creación e deseño de espazos infantís. As súas áreas de traballo abranguen a creación, remodelación ou adecuación de ambientes de uso infantil; a creación de mobiliario e obxectos relacionados cos espazos para os máis pequenos; e a posta en marcha dunha galería en liña de arte contemporánea para nenos.

Spin off do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, PELOIDES TERMALES é unha consultora enfocada ao sector termal en temas de produción, emprego e desenvolvemento de peloides (lodos termais) con propiedades á medida, tanto para aplicacións terapéuticas como cosméticas. Estes lodos teñen accións analxésica e antiinflamatoria polo que son obxecto dun crecente interese científico. A iniciativa foi merecedora do premio á Muller Emprendedora, dotado con 2.000 euros.

O premio Proxecto Medioambiental foi para ENERXÍA E COOPERACIÓN, consultora dedicada á xestión integral de proxectos de cooperación co terceiro mundo, centrándose particularmente no ámbito das enerxías renovables.

A consultora ofrecerá servizos de xestión de proxectos ‘chave en man’, xa que ademais de propoñer ás administracións públicas proxectos de cooperación, os promotores xestionan e teñen os coñecementos técnicos para elaborar o estudo, deseño de instalación, adquisición e envío de material, implementación e posta a punto de instalacións solares (fotovoltáicas e térmicas), eólicas, de biomasa e secundarias para cubrir outras necesidades. Este premio está dotado con 2.000 euros.

Pechando o conxunto de galardóns outorgados, na modalidade de Proxecto con Sensibilidade Social os seus 2.000 euros recaeron en HOLÍSTICA, Consultora para a Lusofonía. Spin off da área de Humanidades, Holística dedicarase ao planeamento cultural e turístico relacionado co mundo lusófono. O concepto de negocio supón que o ámbito xeográfico de actuación estenderase dende España ata Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Sao Tome e Príncipe.

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR