UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Entrega dos premios do X Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC

A Universidade de Santiago de Compostela celebrou hoxe o acto de entrega dos premios da décima edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores nun acto presidido polo Reitor e que tamén contou coa presenza da Conselleira de Traballo.

Photo

(20/07/2010)  PREMIOS DE BASE TECNOLÓXICA
Biovía é o nome do proxecto que acaba de adxudicarse o primeiro premio do X Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC na categoría de base tecnolóxica. Trátase dunha empresa de servizos avanzados de I+D+i dedicada ao deseño e comercialización de novas ferramentas ambientais baseadas na bio monitorización para a vixilancia e control do medio, xa sexa atmosférico, fluvial ou mariño. Unha das súas primeiras ferramentas de traballo será a marca de garantía 'Calidade Aire Limpo’, outorgada pola Oficina de Patentes e Marcas.

Os seus promotores, os doutores en Bioloxía Alejo Carballeira, Jesús Aboal, José A. Fernández e Ana Isabel Rey, recibiron o premio de mans do reitor compostelán Juan Casares Long. No mesmo acto interviñeron ademais a conselleira de Traballo, Beatriz Mato Otero; os vicerreitores de Investigación e de Estudantes e Formación continua, Francisco González García e Francisco Ramón Durán Villa, respectivamente; o director do Programa Uniemprende, Carlos Hernández Sande; e o xerente de Uninova, Gustavo Marcos Cancelas.

O segundo premio de base tecnolóxica recaeu no proxecto Moonbites, do que son promotores os profesores Julián Flores e José M. Cotos, o enxeñeiro Superior Industrial, Francisco Casal, e Carlos Fernández Fernández, graduado en Ciencias Económicas e Empresariais. Moonbites engloba a posta en marcha de varias liñas de desenvolvemento multiplataforma (para diferentes consolas e teléfonos móbiles) orientadas ao deseño de xogos que implementen técnicas de intelixencia emocional, de xeito que os entornos virtuais presentados xeran certa empatía entre a consola e o xogador, explicaron os seus promotores.

Moonbites traballará nas fases de deseño, produción e comercialización de produtos e servizos tecnolóxicos innovadores para o mercado internacional de ocio tecnolóxico engadindo tamén o mercado da telefonía móbil de última xeración e o audiovisual, así como a produción de videoxogos para as últimas vídeo consolas do mercado internacional. Este proxecto xorde tras dous anos de traballo cooperativo entre Continental Producciones, Estudios Alia e Paralaxe, spin-off do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC.

PREMIO MULLER EMPRENDEDORA
Como en anteriores ocasións, o concurso contempla premios específicos ás categorías Empresa Xove, Proxecto con Sensibilidade Social, Proxecto Medioambiental e Muller Emprendedora. Nesta última categoría, o premio recaeu este ano en 'Galebook', plataforma de distribución e promoción de libros dixitais en galego, promoción da lingua e a cultura galegas a través das TIC e a lectura. A súa finalidade é converterse nun socio estratéxico das editoriais galegas e, xa a longo prazo, doutras de alcance nacional e internacional, a través dunha plataforma tecnolóxica que sexa punto de encontro da oferta de libros electrónicos galegos, facilitando a conversión dos libros en formato tradicional ao dixital.

Galebook apostará pola creación e distribución de libro galego en formato dixital así como ofrecer novas formas de comercialización como a impresión baixo demanda ou unha plataforma de autoedición. Ofrecerá ademais un servizo de tradución e dixitalización dos textos ás editoriais. O equipo que promove este proxecto confórmano María J. Prol, licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade da Coruña; e as licenciadas en Filoloxía Inglesa pola institución coruñesa, Estela Mosqueira e Pilar López Esperante e o licenciado Felipe García.

PROXECTO MEDIOAMBIENTAL
Ofrecer un servizo de tratamento das fosas sépticas para a produción de abono e de biogás nas diferentes aldeas de Galicia é a finalidade proposta polo proxecto Tratamento de Residuos das Aldeas e Coxeración de Enerxía, merecedor do galardón na modalidade Medioambiental. A empresa ofrecerá aos habitantes das aldeas galegas os servizos de xestión, asesoramento e instalación dun sistema integral de tratamento de fosas para a produción de biogás e electricidade.

A proposta está promovida por un equipo que integran Pablo Álvarez Fariña, doutor en Bioloxía Mariña e Acuicultura da USC, María José Otero, licenciada en Bioloxía pola USC e Edgar Romero Lema, enxeñeiro de Montes.

SENSIBILIDADE SOCIAL
O proxecto que se fixo co galardón na modalidade 'Sensibilidade Social’ desta convocatoria foi iCarto, unha empresa de enxeñaría cartográfica especializada no uso de Sistemas de Información Xeográfica SIX para a análise de infraestruturas territoriais, a xestión de datos xeoespaciais, a cooperación ao desenvolvemento e á creación de solucións informáticas baseadas en software libre.

Promoven esta iniciativa técnicos saídos do Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica da Universidade da Coruña en colaboración con profesores da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Coruña. O equipo está conformado por Juan Ignacio Varela, Jorge Ocampo, Gonzalo Martínez Crespo, Daniel Díaz Grandío, Adrián Eirís, Carmen Molejón e Pablo José Sangiao.

EMPRESA XOVE
O proxecto Conpas.net foi o gañador do premio Empresa Xove, cunha proposta para achegar ás pequenas e medianas empresas métodos de negocio, aplicacións informáticas e innovación tecnolóxica ata o de agora so dispoñible para as grandes multinacionais.

Para conseguilo, os promotores propoñen a utilización de Software como Servizo (SAAS), un modelo de distribución onde a compañía de tecnoloxías da información e das comunicación provee o servizo de mantemento, operación diaria e soporte do software usado polo cliente. En teoría, calquera usuario da empresa poderá, a través dunha clave, conectarse e empregar todas as aplicacións da súa empresa dende calquera lugar no que se atope. Esta proposta está promovida por Óscar Pasaró, licenciado en Física pola USC.

O obxectivo deste concurso é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados ou investigadores, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego. Así, a convocatoria estaba aberta tanto a estudantes e titulados de calquera das tres universidades galegas como do centros asociados da UNED en Galicia con independencia da área de coñecemento que individualmente ou en equipo teñan un proxecto empresarial innovador con potencialidade para converterse nunha empresa. Tamén podían concorrer doutores, doutorandos, persoal de investigación e alumnos de terceiro ciclo que traballen en calquera centro de investigación galego, así como empresas xa constituídas ao longo do ano 2009 por promotores co perfil descrito.
A convocatoria contempla un primeiro premio de base tecnolóxica de 7.000 euros e ata 24.000 en préstamo participativo a cargo de Unirisco Galicia SRC, 4.000 euros para o segundo premio desta categoría e 2.000 euros para cada un dos restantes premios.

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR