UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


A USC citada no Parlamento Europeo como exemplo de boa práctica no modelo de relacións Universidade-Empresa

No contexto do debate no Parlamento Europeo sobre o diálogo entre as universidades e as empresas, a Universidade de Santiago de Compostela foi citada como exemplo de boa práctica nesta materia así como no emprendemento universitario.

Photo

(15/06/2010)  O eurodeputado irlandés Seán Kelly e o eurodeputado rumano Cătălin Sorin Ivan e europarlamentarios que, xunto a outros doce, puideron coñecer de primeira man o modelo da USC nunha recente visita ao Edificio Emprendia -onde foron recibidos polo Xerente de Uninova, Gustavo Marcos Cancelas no contexto dunha visita institucional- presentaron a USC como exemplo de boas prácticas no ámbito das relacións universidade empresa.

A Universidade de Santiago de Compostela recibiu o día 29 de abril de 2010 a unha delegación da Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo integrada por 12 deputados co obxectivo de percibir aspectos culturais e de educación xerais e, máis concretamente, para reunirse con representantes locais co gallo de tratar asuntos de educación e cultura. Dentro do seu programa se contemplaron varios encontros co equipo de goberno desta universidade así como unha visita á Reitoría e outra ao edificio Emprendia.

Como resultado desta visita realizada ao Emprendia, a Universidade de Santiago de Compostela foi mencionada expresamente por Seán Kelly e Cătălin Sorin Ivan como exemplo a seguir polas universidades europeas nos debates previos á votación da Resolución do Parlamento Europeo, de 20 de maio de 2010, sobre o diálogo entre as universidades e as empresas: unha nova asociación para a modernización das universidades europeas (2009/2099(INI).

O deputado irlandés Seán Kelly destacou na súa intervención o carácter positivo da adaptación do profesorado aos cambios do seu contorno deixando de estar, como no pasado, nas súas torres de marfil. Para Kelly resulta moi alentador constatar estes cambios e puxo tres exemplos do mesmo: o Institute of Tralee, a University of Cork e, destacándoo especialmente, a Universidade de Santiago de Compostela, onde se desenvolveu un interesante modelo de participación coa comunidade empresarial. En consecuencia, propón que desde a Unión Europea se debe alentar este tipo de actuacións creando as oportunidades e establecendo sistemas de coordinación daquela investigación que poida, eventualmente, converterse en economía do coñecemento e traducirse en creación de postos de traballo cualificados.

Pola súa banda, o deputado rumano Cătălin Sorin Ivan expuxo a súa preocupación por un problema existente na actualidade en todo o sistema de educación superior europeo como é a produción de licenciados non adaptada ás exixencias do mercado de traballo. Según el, hai unha enorme brecha entre o que se estuda nas aulas e o que as empresas demandan, problema que se agudiza coa actual crise económica e por iso é importante apoiar a economía do coñecemento e a innovación. Para rematar a súa intervención, mencionou a súa visita á USC e como nesta universidade existe un claro compromiso coa creación e o financiamento de start-ups creadas por estudantes, sendo este un modelo que a Unión Europea debe promover e multiplicar.

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR