UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Uninova participa en Bruxelas no proxecto europeo “YMIR”

UNINOVA, a incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, participa como socio no proxecto europeo YMIR (“Improve Access to Finance for Innovative SME’s”), que se atopa enmarcado no VII Programa Cadro dentro da temática tecnoloxías da información e comunicación.

Photo

(26/02/2010)  Á reunión de inicio do proxecto, que tivo lugar en Bruxelas, asistiron os cinco socios que integran o Consorcio; as entidades que con UNINOVA forman parte do proxecto son TESEO (Bélxica), consultora especializada en fondos europeos dirixidos á investigación e á innovación; EUROPE UNLIMITED (Bélxica), entidade provedora de recursos orientados a potenciar a innovación en sectores como o emprendemento, a investigación e a innovación; MENTORTEC (Portugal), consultora especializada en innovación e transferencia de tecnoloxía; e Southeastern Europe Telecommunications & Informatics Research Institute – INA (Grecia), organización creada co fin de fomentar o desenvolvemento das TIC no sureste europeo.

Como obxectivos do proxecto destacan a creación dunha plataforma integrada que facilite o acceso ao financiamento daquelas PEMES innovadoras que participaran en proxectos da área das Tecnoloxías da Información e Comunicación dentro do VI e do VII Programa Cadro así como a promoción da xeración de interaccións eficientes entre as PEMES innovadoras e as entidades provedoras de financiamento (sociedades de capital risco, Business Angels, e outras entidades de inversión privada).

Dentro das actividades a desenvolver inclúese o deseño de ferramentas de apoio ás PEMES na busca de recursos financeiros, así como a organización de 4 “workshops” internacionais dedicados á formación e preparación das PEMES na presentación dos seus proxectos aos inversores. Ademais está previsto organizar en distintas cidades europeas Foros de Inversores para proxectos centrados nas tecnoloxías da información e comunicación.

O proxecto YMIR traballará conxuntamente con outros dous proxectos aprobados pola Comisión Europea na mesma convocatoria, ACCESS ICT (“Access to ICT Investors”) e ICT VENTURGATE (“Innovative Solutions for Enabling Efficient Interactions between SMEs in ICT Projects and Innovation Investors”), proxectos que teñen prevista a realización de actividades similares e complementarias ás do YMIR.

Como indicadores do proxecto destacan a identificación de 60 ideas da área das Tecnoloxías da Información e Comunicación, o desenvolvemento de 20 proxectos de negocio e a presentación de 10 proxectos en foros de inversión. A duración do mesmo será de 24 meses, finalizando en febreiro de 2012.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR