A Unión Europea Lanza o programa “Erasmus para Novos Emprendedores” onde Uninova participa como organismo intermedio
A Unión Europea lanza hoxe en Bruxelas a segunda fase do programa europeo de intercambio de emprendedores e empresas “Erasmus para Novos Emprendedores”, que conta coa participación de UNINOVA como organismo intermedio.
(25/02/2011)
A finalidade do lanzamento desta segunda fase do programa a nivel europeo é a de dar a coñecer os resultados acadados no pasado ano e de presentar aos emprendedores a ampliación do mesmo. Uninova, a incubadora de empresas da USC e membro do programa Uniemprende, participa no Programa Erasmus como organización intermedia, liderando un consorcio do que tamén forman parte as Universidades de Münster, SPINPARK de Portugal e KPLUSV dos Países Baixos.
O programa Erasmus para Novos Emprendedores é unha iniciativa dirixida a axudar a novos emprendedores (NE) a adquirir habilidades para xestionar PEMES. Para elo os emprendedores terán a posibilidade de compartir un tempo (de 1 a 6 meses) cun empresario experimentado doutro país da Unión Europea.
Os requisitos que debe cumprir o novo emprendedor é ter un plan de empresa ou unha empresa xa constituída de non máis de 3 anos de existencia, ademais de motivación e ganas de vivir unha experiencia que por seguro marcará a súa traxectoria empresarial.
Por outro lado, este programa tamén vai dirixido a aquelas empresas PEMES dispostas a acoller emprendedores doutros países, neste caso o único requisito é que estas empresas acolledoras teñan máis de 3 anos.
Os emprendedores coa súa participación beneficiaranse da oportunidade de aprender dun empresario con más experiencia que dirixa unha PEME noutro país da Unión Europea, facilitando o acceso a novos mercados e a busca de socios comerciais. Así mesmo, os empresarios máis experimentados que acollan nas súas entidades aos novos emprendedores poderán abrir o seu mercado a outros países da Unión Europea.
O Programa “Erasmus para Novos Emprendedores” estimula a iniciativa empresarial, a competitividade, a internacionalización e o crecemento da PEMES na Unión Europea. Ademais contribúe á transferencia de coñecementos técnicos e ao desenvolvemento da capacidade de xestión das PEMES.
UNINOVA, como organismo intermedio (IO), leva a cabo as labores de coordinación e apoio aos emprendedores e empresas participantes, así como a xestión dos emparellamentos empresariais que se xeren a nivel europeo.
Para máis información:
UNINOVA
Ana Bouzas Lorenzo
881 115 594
ana.bouzas@usc.es
Enlace relacionado:
www.erasmus-entrepreneurs.eu
Documento relacionado:
Programa Erasmus para Novos Emprendedores