UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Presentación en Santiago de iMotion Comic para iPhone e iPod Touch

Continental Games e Costa Oeste presentaron hoxe no Edificio Emprendia da USC iMotion Comic para iPhones e iPod Touch e o seu primeiro lanzamento será Quotidianía Delirante de Miguelanxo Prado.

Photo

(29/12/2009)  Hoxe tivo lugar no Edificio EMPRENDIA da Universidade de Santiago de Compostela a presentación de iMotion Comic, un innovador formato de cómic dixital para iPhone e iPod Touch que incorpora animacións, opcións de idioma, banda sonora, efectos especiais e todos os recursos necesarios para facer evolucionar o cómic tradicional cara un novo formato multimedia. Este formato en breve será distribuído a máis de 70 países a través da plataforma AppStore.

Como se explicou no acto, o primeiro dos cómics que se distribuirán será Quotidianía Delirante, no que se adaptan tres das historias que compoñen a popular obra do artista galego Miguelanxo Prado.

A presentación correu a cargo de Pancho Casal, presidente do Grupo Continental, Carlos Fernández, director da área de videoxogos de Continental, Julián Flores do Laboratorio de Sistemas da Universidade de Santiago de Compostela e director da Spin Off tecnolóxica Paralaxe e o artista galego Miguelanxo Prado. Todos destacaron as enormes posibilidades deste novo formato que permite ao autor ampliar o espectro de recursos para ampliar a experiencia do usuario.

Pancho Casal, destacou as enormes posibilidades que supón a distribución de contidos nun mercado accesible e sen intermediarios, como é o AppStore (tenda oficial de Apple para a distribución de contidos para iPhone e iPod Touch). Con máis de 50 millóns de usuarios en todo o mundo e máis de 2.000 millóns de descargas acumuladas. Miguelanxo Prado, como autor da obra orixinal, subliñou as posibilidades creativas que estes novos formatos permiten. Pola súa banda, Carlos Fernández, como produtor executivo, explicou as características deste novo formato (iMotion Comic), pensado para ofrecer a creadores e lectores de cómics, unha alternativa máis rica, interactiva e en resumo, que aproveite o potencial dos terminais iPhone e iPod Touch. Julián Flores, aportou á presentación a experiencia técnica do equipo de programación; cómo, entre outros temas, funciona o proceso para realizar a distribución online dos arquivos.

Na presentación tamén se anunciou que están traballando no desenvolvemento dun motor accesible para usuarios non expertos en programación. O que se traducirá nunha excelente oportunidade para que calquera realizador de cómic poida facer un iMotion.

iMotion Comic é unha produción de Continental Games e Costa Oeste que conta coa colaboración de Paralaxe e Alia3D e co apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR