UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Participación de UNINOVA no 1º “Foro Internacional PERSEUS «Towards a platform for sustainable initiatives in Central Asia»

Durante os días 11 e 12 de decembro UNINOVA participou no 1º Foro Internacional PERSEUS celebrado na cidade de Almaty (Kazajstán). Este foro foi organizado dentro do proxecto europeo do mesmo nome que foi aprobado na convocatoria europea TEMPUS IV. O proxecto PERSEUS pretende promover a cooperación e a innovación nos países de Asia Central participantes (Kazajstán, Uzbekistán, Kirguizistán e Tadjikistán). A persoa asistente por parte de UNINOVA interviú nunha das sesión paralelas que levaba o título “triángulo investigación-ciencia-empresa”, sesión que compartiu coa Universidade de Vilnius (Lituania).

Photo

(14/12/2009)  UNINOVA participa como socio no proxecto Europeo PERSEUS, proxecto coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela. A finalidade do mesmo é transferir ás Rexións de Asia Central participantes no proxecto, a experiencia das universidades europeas para así estimular os sistemas de innovación rexionais. Dentro das actividades definidas dentro do proxecto contémplanse as seguintes: realización dun diagnóstico inicial sobre o grado de desenvolvemento das rexións de Asia Central, definición e posta en marcha dun plan formativo especializado dirixido a axentes intermedios e creación dunha Rede de Centros de Investigación e Innovación. No foro participaron as delegacións europeas e asiáticas dos distintos países que forman parte do proxecto PERSEUS. Na inauguración do foro interviron o Reitor da Universidade Tecnolóxica de Almaty, a responsable do proxecto en Kazajstán, o coordinador internacional do proxecto, así como respresentantes do Ministerio de Economía e Desenvolvemento e do Ministerio de Educación de Kazajstán. Neste foro presentáronse os resultados obtidos ata o momento polo proxecto, e se analizaron as actividades a desenvolver nos próximos dous anos. Tamén se celebraron 3 sesións paralelas centradas nas seguintes temáticas: vantaxes da utilización de indicadores de desenvolvemento sostible, misión e visión dos centros de investigación desenvolvemento e innovación, e triángulo “investigación-ciencia-empresa”, sesión na que interviú a representante de UNINOVA. Os participantes tiveron a posibilidade de visitar algunas das instalacións que a Universidade Tecnolóxica de Almaty ten reservadas para a investigación.

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR