UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


O spin-off da USC Neoker, S.L. inaugura as súas novas instalacións

A empresa Neoker, S.L., spin-off do Instituto de Cerámica de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela, inaugurou oficialmente as súas instalacións no Polígono Industrial Novo Milladoiro

Photo

(04/02/2009)  Ao acto de inauguración das novas instalacións da empresa Neoker, S.L. o mércores 4 de febreiro de 2009 asistiron o reitor compostelán, Senén Barro Ameneiro, os directores xerais de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia e de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Rogelio Conde-Pumpido Tourón e Salustiano Mato de la Iglesia; o alcalde de Ames, Carlos Fernández Castro; a vicerreitora de Investigación e Innovación da USC e o conselleiro delegado de Unirisco, Uninvest e director do Programa Uniemprende, Carlos Hernández Sande.

Neoker, S.L. iniciou recentemente a produción industrial dun material cerámico en forma de fibra cuxas características permiten a fabricación de composites avanzados con características melloradas. Trátase de fibras monocristalinas de alúmina, moi resistentes tanto pola súa dureza e resistencia en tracción como pola súa estabilidade térmica e química. Deste xeito, levouse a cabo o escalado industrial dunha tecnoloxía desenvolvida no Instituto de Cerámica de Galicia no ámbito da USC ao longo de máis de dez anos polos propios promotores de Neoker, Carmen Cerecedo, Francisco Guitián, Jesús Piñeiro e Víctor Valcárcel.

Estes científicos da USC viñan madurando desde hai anos o proxecto industrial debido ao enorme potencial económico do produto. En 2003 presentárono á convocatoria de premios para proxectos de base tecnolóxica, que recibiu o primeiro premio na fase de Ideas do III Concurso de Iniciativas Empresariais organizado pola USC e o Programa Uniemprende.

En 2004 o proxecto recibiu o apoio do programa Empresa-Concepto, que axudou a definir as necesidades e os retos específicos, e de Uninova, encargada da incubación de empresas nacidas na USC. Xa a finais de 2006 ao grupo de promotores iniciais uníronse Unirisco e Uninvest, entidades de Capital Risco, que se converteron en socios de Neoker.

Neoker recibiu en 2007 o Primeiro Premio Nacional á Innovación, na área de Tecnoloxía Industrial e dos Materiais, concedido por ENISA (Empresa Nacional de Innovación), con ocasión do seu 25 aniversario.

Os procedementos da empresa están protexidos baixo catro patentes, tres nacionais e unha internacional. Na actualidade, a USC concedeulle a Neoker a licenza de explotación e transferencia de tecnoloxía, tempo durante o que lle abonará á USC un importe equivalente ao 7% das ventas netas anuais dos produtos ou servizos derivados desas patentes.

Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR