UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Entrega dos premios do IX Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

O luns 16 de febreiro de 2009 foron entregados os premios da IX edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela no salón reitoral do Colexio de San Xerome

Photo

(16/02/2009)  Unha bebida para axudar aos fumadores a abandonar este hábito, unha base de datos desenvolvida nun portal web que recolla experimentos fallidos no ámbito da química, un novo sistema para aproveitar en laboratorio a auga en circuíto, unha proposta para mellorar a produción de bioplásticos e un sistema que transforme os residuos da biomasa en materiais absorbentes, son as cinco propostas premiadas no IX Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC.

O reitor da USC, Senén Barro Ameneiro, presidiu este luns 16 o acto de entrega dos premios nunha sesión celebrada en San Xerome onde tamén participaron o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia; o director xeral de Promoción do Emprego, Álvaro Ansias Bacelar; o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos; o director do Programa Uniemprende, Carlos Hernández Sande; e o xerente de Uninova, Gustavo Marcos Cancelas.

Con esta iniciativa, a USC premia as mellores ideas, orixinais e innovadoras, susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto e medio prazo. A iniciativa dirixíase a todos os membros da comunidade universitaria galega e a todas as áreas de coñecemento. Outorgaranse cinco premios de seiscentos euros valorándose a viabilidade da idea, o carácter innovador, o grao de madurez e a posible aplicación das políticas de igualdade.

SMOKE SOLUTION SRL
A idea presentada a concurso por Clara Fernández Querejazu, da Facultade de Bioloxía da USC, introduciría no mercado un produto ata agora nunca usado por aquelas persoas que tentan deixar de fumar. Trátase dunha “solución definitiva” para abandonar o tabaquismo, segundo a súa promotora.
Con esta proposta lanzaríase ao mercado bebidas a base de té vermello, combinadas cun fármaco de última xeración para deixar de fumar, a vareniclina, xa que segundo a promotora “presentou os mellores resultados” para a súa aplicación neste ámbito. A decisión de incluír o té vermello atende as súas propiedades para reducir e previr o sobrepeso, gran preocupación das persoas que deciden deixar de fumar, explica Clara Fernández.

CHEMFAIL
Chemfail sería unha base de datos desenvolvida nun portal de internet que recollería experimentos fallidos no ámbito da química. Na actualidade “este valioso coñecemento –apunta Iago Quintana Cheda da Facultade de Química da USC- desperdíciase por falta de difusión, pois non ten cabida nas publicacións científicas convencionais”. Iago Quintana apunta que os resultados non esperados , e incluso aqueles nos que “a casualidade xoga un papel clave, son a base dunha gran cantidade de descubrimentos científicos”. O portal proposto evitaría a perda de valiosa información e “aforraría tempo e cartos a outros investigadores involucrados en proxectos relacionados”.

SISTEMA DE AUGA EN CIRCUITO PARA LABORATORIO
No proceso para filtrar en laboratorio un composto a baleiro necesítase unha billa con auga aberta ao máximo para que o baleiro sexa óptimo, “o que provoca a perda de moitos litros que van directamente ao sumidoiro”, sinala Alba Roibás Rozas, da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago. Para evitar esta perda, Alba Roibás propón situar varias billas xuntas en cada laboratorio e conectalas entre si cunhas gomas extraíbles, “de tal xeito que se puidese usar a mesma auga para varios filtrados á vez”, destaca a premiada. Aparte de fabricar diferentes tipos de gomas segundo o tipo de tubería, esta hipotética empresa tamén fabricaría e instalaría billas con este sistema de serie e instalaría dispositivos para incrementar a presión da auga nas segunda e terceiras billas.

BIOPLÁSTICOS
Cristian González González é outro dos premiados por un idea na que propón mellorar as cepas produtoras de polihidroxialcanoatos para obter un maior rendemento na produción de bioplásticos e incluso intentar “facer cepas recombinantes dalgunha bacteria ben coñecida como E. coli p.ex para obter un maior rendemento e prestacións”. Un dos efectos inmediatos da posta en práctica desta idea sería “diminuír a contaminación que existe debido ás enormes cantidades de plástico que se utilizan na sociedade”. Ademais, dirixiríase a clientes de todas as áreas empresariais xa que o plástico “utilízase para innumerables tarefas”.

SORBIGAL: ABSORBENTES ECOLÓXICOS
Sorbigal é unha iniciativa empresarial ligada ao sector do medio ambiente e centrada na valorización de residuos procedentes da biomasa mediante a súa transformación en materiais absorbentes, os bioadsorbentes son “comercialmente competitivos pola súa proxección ecolóxica, pola súa eficacia na eliminación de contaminantes e polo seu baixo custe”, explicou Manuel Esteban Sastre de Vicente, da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña e responsable da idea.

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR