UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Constitúese a Rede Galega de Incubadoras Tecnolóxicas

A USC, a través de Uninova, organiza a primeira reunión da rede galega de incubadoras de empresas de base tecnolóxica en Santiago de Compostela

Photo

(19/01/2009)  As incubadoras de empresas de base tecnolóxica implantadas na actualidade en Galicia acaban de constituírse como Rede Galega no transcurso dunha xuntanza celebrada o luns 19 de xaneiro de 2009 na Casa de Europa da Universidade de Santiago de Compostela. A reunión celebrouse impulsada por Uninova e contou ademais coa participación de entidades de apoio á incubación de carácter tecnolóxico de toda Galicia.

Na xuntanza constitutiva da Rede Galega de Incubadoras Tecnolóxicas participaron tamén a vicerreitora de Investigación, Mª José Alonso, e o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Salustiano Mato. O obxectivo que se persegue coa creación desta rede é a sensibilización e formación do persoal directivo e técnico das incubadoras na xestión da I+D+i para alcanzar unha mellor difusión destes conceptos e do seu funcionamento.

Entre outros temas, na reunión tratouse a posta en común de metodoloxías de traballo, a creación dunha rede de expertos, o benchmarking entre incubadoras e a realización de accións formativas que versen sobre a problemática da transferencia de resultados de I+D cara á creación de empresas (spin-off) con todas as temáticas relacionadas: aspectos legais, protección de propiedade intelectual, financiamento, fiscalidade da I+D+i ou axudas a iniciativas de emprego de base tecnolóxica, entre outros.

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR