UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Entrega dos premios do VIII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela

O día 21 de maio tivo lugar no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome o acto de entrega dos premios da VIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC.

Photo

(22/05/2008)  O concurso de proxectos empresariais innovadores da USC trátase dunha iniciativa do programa de fomento da cultura emprendedora na universidade, Programa Uniemprende, e ten como obxectivo impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados ou investigadores universitarios, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

A entrega dos premios da oitava edición deste concurso tivo lugar o 21 de maio de 2008 no Colexio de San Xerome nun acto presidido polo Reitor da USC, Senén Barro Ameneiro, e no que participaron así tamén os vicerreitores de Investigación e Innovación e de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, María José Alonso e José M. Mayán, respectivamente; o director do Programa Uniemprende, Carlos Hernández Sande; o subdirector xeral de Apoio á Contratación e Emprendedores da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, Jorge Barros de la Peña; e o xerente de Unixest, Gustavo Marcos.

O primeiro premio da categoría “Base Tecnolóxica”, dotado con 9.000 euros e ata 24.000 euros de financiamento mediante préstamo participativo, foi para a empresa BIT OCEANS, dedicada á comercialización de produtos e servizos baseados na tecnoloxía Fividoc, software de seguridade documental. O segundo premio de base tecnolóxica, cunha dotación de 5.000 euros, recaeu na empresa XENOTECH Laboratorios, mentres que o terceiro, con 2.000 euros, foi para PARALAXE. Na modalidade de Empresa Xove (2.000 euros), o xurado decidiu recoñecer a proposta de IDM Maquinaria Automatizada; na categoría Muller Emprendedora (2.000 euros) o proxecto premiado foi INBIOGAL, e na de Proxecto Medioambiental (2.000 euros), SONEN.
Primeiro Premio de Base Tecnolóxica: BIT OCEANS.
Segundo sinalan os seus promotores, os profesores da Universidade de Vigo Fernando Pérez González e Óscar W. Márquez e o investigador Alberto Malvado, a tecnoloxía comercializada por Bit Oceans será a solución ao problema da falsificación documental, evitando tanto a xeración de documentos falsos como a alteración do seu contido mediante técnicas manuais e informatizadas.

O software Fividoc emprega unicamente impresoras e escáneres convencionais para localizar e sinalar as alteracións fraudulentas realizadas sobre o contido dos documentos ao tempo que permite a protección global do contido, con independencia da súa natureza. Esta tecnoloxía permitirá ademais a obtención telemática de documentación oficial, documentos de identificación, compulsa dixital, verificación automática de documentación e a xestión interna de documentación.

Como segunda área de negocio de Bit Oceans figura a seguridade dixital, eido no que desenvolverán solucións software a medida baseadas en protocolos e servizos da Infraestrutura de Clave Pública (PKI) nos que se apoian os actuais sistemas de sinatura dixital.

Segundo Premio de Base Tecnolóxica: XENOTECH
Este proxecto persegue proporcionar á industria alimentaria e ao consumidor as ferramentas necesarias para garantir a calidade e seguridade dos produtos comercializados e consumidos.
Procurará a prestación dun servizo integral de análise, consultoría de calidade e seguridade alimentaria e medioambiental, con especial atención no sector pesqueiro. Entre os seus obxectivos figura a implantación de metodoloxías emerxentes baseadas na análise do ADN que, segundo sinalan, “minoren sensiblemente os tempos de análise e melloren a precisión dos resultados obtidos”. O equipo promotor deste proxecto está formado por catro doutores en Bioloxía e Química e outro investigador do eido biolóxico, que constituirán dende un primeiro momento o cadro de persoal da empresa.

Terceiro Premio de Base Tecnolóxica: PARALAXE
A empresa Paralaxe Multimedia and Virtual System é unha proposta de investigadores do Laboratorio de Sistemas da USC que traballarán na produción e comercialización de produtos multimedia e de realidade virtual empregando procesos innovadores que acheguen un grao de flexibilidade e rapidez superior á media do sector.

O traballo articularase ao redor dunha web colaborativa que permite ofrecer mellores prazos de desenvolvemento dos proxectos así como uns custes moi competitivos, “ao favorecer a reutilización do coñecemento xerado en proxectos anteriores”, sinalan os seus promotores. Impulsan este proxecto os profesores de Electrónica e Computación José Manuel Cotos Yáñez e Julián Flores González e os investigadores do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC Ramón Martín Calderero e Vanesa Sobadrelo.

Premio Empresa Xove: IDM MAQUINARIA AUTOMATIZADA
Nesta modalidade o premio foi para IDM Maquinaria Automatizada proxecto que ten como obxectivo a investigación, deseño industrial e desenvolvemento de novas máquinas e metodoloxías de produción que permitan automatizar tarefas de confección e acabado final en empresas que teñan como materia prima mármore, granito, pedra e novos materiais como o Silestone.

A aplicación destas técnicas de traballo permitirá aos profesionais mellorar a produtividade, a competitividade e a eficiencia, así como obter un produto final e acabado de maior calidade e idéntico en todas as pezas. O equipo promotor intégrano o enxeñeiro técnico industrial da Universidade de Vigo Pablo Iglesias Noya e o delineante e técnico superior en Administración de Sistemas Informáticos, Agustín García.

Premio Muller Emprendedora: INBIOGAL
Inbiogal, Innovación Biológica de Galicia, foi o proxecto seleccionado na categoría Muller Emprendedora. A empresa estará constituída por catorce membros do grupo de investigación Biomarcadores Moleculares (BB1) do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo e por un investigador do Departamento de Bioquímica da USC.

Os membros do grupo levan traballando dende o ano 1990 na busca de marcadores bioquímicos que puidesen ser de utilidade na diagnose precoz, seguimento, prognóstico e predición de resposta a tratamento en doentes con diversos tipo de cancro. Este labor reportoulles a obtención de seis patentes susceptibles da ser explotadas e cun elevado potencial no ámbito sanitario.

Premio Proxecto Medioambiental: SONEN
O gañador no apartado medioambiental recaeu en SONEN, Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións, empresa constituída a finais de 2007 por tres enxeñeiros técnicos de Telecomunicacións e instalada no Parque Tecnolóxico de Galicia. SONEN ten como fin principal o asesoramento e a consultaría no campo das telecomunicacións e da acústica aplicada tanto para empresas privadas, como para a administración e os particulares. Neste senso proporcionarán servizos e solucións de confort tanto no control de ruído ou sonorización como en sistemas de telecomunicación e domótica, ademais da creación dun departamento de I+D+i propio nun futuro próximo.

Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR