UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


A USC organizou o VIII Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario.

A Universidade de Santiago de Compostela celebrou os días 29 e 30 de maio de 2008 a oitava edición do Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario na Facultade de Química de Santiago.

Photo

(02/06/2008)  A USC, a través do Programa Uniemprende e co apoio da Cátedra Unesco de Innovación e Xestión da Cultura Emprendedora, da Xunta de Galicia e do Santander, ven de organizar a oitava edición do Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario na Facultade de Química de Santiago.

O Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario da USC deste ano centrouse na análise dos principais trazos que definen ás universidades emprendedoras. Na inauguración do encontro, que tivo lugar o xoves 29 na Aula Magna da Facultade de Química, o reitor da USC, Senén Barro, estivo acompañado polo Secretario de Estado de Universidades, Màrius Rubiralta e polo Subdirector Xeral da División Global Santander Universidades, José Manuel Moreno Alegre.

Na sesión inaugural, Rubiralta anunciou a elaboración dunha nova Lei de Ciencia, que vai comezar o seu proceso de discusión, e que “demostrará o compromiso do Ministerio de Ciencia e Innovación co emprendemento universitario”, sen descoidar as tres facetas fundamentais da esfera universitaria, a docencia, a investigación e a responsabilidade social. Pola súa banda, o reitor compostelán avogou por un emprendemento integral “porque debe comprometer a todos e abarcar todos os ámbitos posibles, afectando á docencia, á investigación e a todas cantas iniciativas xurdan no seo das universidades”. Barro engadiu que o concepto de cultura emprendedora debe asociarse tamén á responsabilidade, “poñendo o coñecemento ao servizo da sociedade”. Finalmente, José Manuel Moreno destacou que a USC é unha universidade de referencia no eido que aborda o congreso así como unha activa promotora de experiencias cun alto de grao de aproveitamento en diferentes ámbitos.

No congreso participaron destacados expertos no ámbito do emprendemento universitario tanto dende o punto de vista académico como empresarial, ofrecendo aos participantes a oportunidade de discutir e intercambiar experiencias e boas prácticas sobre o impacto socio-económico deste tipo de emprendemento, a posta en valor da tecnoloxía dende as universidades, o financiamento dos programas de emprendemento universitarios e a creación de empresas dende as universidades emprendedoras.

O primeiro dos bloques temáticos que se abordou no desenvolvemento deste congreso foi o dedicado á análise do impacto do emprendemento universitario no desenvolvemento económico. A quenda de intervencións arrancou coa presenza do director do programa Innova da Universitat Politècnica de Catalunya, Francesc Solé Parellada, que tratou de respostar á cuestión ‘Debe unha universidade ser emprendedora?’. Deseguido, Peter van der Sijde, da Universidade de Twente, presentou o caso particular da súa universidade como mostra de boas prácticas do espírito emprendedor nas institucións de ensino superior. Completando a xornada matinal a directora xeral de Programas e Transferencias de Coñecemento do Ministerio de Ciencia e Innovación, Otilia Mó Romero, referiuse ás políticas de apoio ás universidades emprendedoras.

A sesión da tarde correspondeu a un novo bloque temático no que as distintas intervencións programadas se orientaron á identificación e posta en valor da transferencia de tecnoloxía nas universidades. Ás 16:00 horas, a directora da OTRI da Universitat de València, Ana Cortés Herreros, presentou o relatorio ‘Transferencia de coñecemento a partir da investigación: a creación de spin-offs’. Seguiulle o director asociado do CITT da USC, José L. Villaverde Acuña, para falar sobre ‘Posta en valor da tecnoloxía: explotación dos resultados de investigación’. Para rematar coa primeira xornada do congreso, o xestor da Propiedade Intelectual do Instituto Pedro Nunes e da Universidade de Coimbra, José Ricardo Aguilar, afondou nos aspectos relacionados coa comercialización dos resultados de investigación universitarios.

O segundo día destinouse ao financiamento de programas de emprendemento universitario. As sesións comezaron co director do Instituto Ideas da Universitat Politècnica de València, José Millet, e o coordinador do Programa Empresa-Concepto, Roberto Graña, que explicaron as principais liñas de traballo das súas respectivas entidades. A continuación, Fernando Albericio, director do Parc Cientific da Universitat de Barcelona, e Cristina Villaroya, da OCIT da Universitat Jaume I, explicaron as experiencias desenvolvidas nestas universidades a prol do financiamento destes programas.

As principais características dos proxectos sociais e de humanidades fronte aos proxectos baseados na tecnoloxía foi o seguinte dos temas a desenvolver. A primeira intervención referiuse á integración do coñecemento das Humanidades no contexto TIC estimulando a creación de empresas de alta tecnoloxía. O tema abordárono o coordinador do CIADE da Universidade Autónoma de Madrid, Francisco Pizarro, e o profesor da Universidade de Copenhague John Kuhkmann. Para rematar, o Especialista en Humanidades do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, David Barreiro, e o socio promotor de Xestionarte, David Chao, abordaron o potencial económico dos proxectos de patrimonio cultural.

Documento relacionado:
docPrograma do congreso

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR