UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


O Reitor da USC elixido presidente da RedEmprendia

Senén Barro Ameneiro, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, foi elixido presidente da RedEmprendia, rede internacional de incubadoras universitarias.

(06/05/2008)  O reitor da Universidade de Santiago ven de ser elixido presidente de RedEmprendia, rede internacional de incubadoras universitarias creada a finais de 2006. O nomeamento formalizouse o día 5 de maio no transcurso dunha xuntanza que a rede celebrou en Valencia. O reitor compostelán substitúe no cargo a Màrius Rubiralta, recentemente nomeado secretario de estado de Universidades.

A RedEmprendia constituíuse en decembro de 2006 na Universidade de Santiago de Compostela promovida pola institución académica compostelá, a Universidade de Barcelona e o Santander. O núcleo inicial formárono desde os seus inicios UNINOVA, a incubadora de empresas da USC, e a bioincubadora que a Universitat de Barcelona ten no Parc Científic da cidade. Ademais, no momento da súa constitución xa manifestaron o seu respaldo á iniciativa as universidades de São Paulo, Pontificia Católica de Chile e o Instituto Tecnolóxico de Monterrey, ás que posteriormente se lle sumaron as universidades Autónoma e Complutense de Madrid, a Nacional Autónoma de México, de Valencia e Bos Aires e a Universidade de Coimbra.

A actividade da rede apoiará a posta en marcha de proxectos conxuntos con outras institucións académicas iberoamericanas, que permitirán a creación de 100 spin-offs universitarios, como mínimo, nos vindeiros anos. O acordo recolle o apoio de Santander ás universidades promotoras da iniciativa para formar equipos multidisciplinares co obxectivo de facilitar a transferencia á sociedade dos resultados da investigación, con especial atención ás ciencias da vida. Ademais, o traballo desta rede orientarase cara o emprendemento responsable, comprometido co desenvolvemento social.

A Cátedra UNESCO da USC sobre Innovación e Fomento da Cultura Emprendedora funciona como base para as actividades que desenvolvan as entidades co obxecto de formar unha nova rede de cátedras de iniciativa empresarial e cultura emprendedora.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR