UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Uninova organizou o Curso do Emprendemento Universitario 2008

A incubadora de empresas Uninova organizou desde o luns 24 ata o venres 28 de marzo de 2008 unha nova edición do Curso do Emprendemento Universitario que nesta ocasión levaba o lema ‘O que te interesa saber antes de crear a túa empresa’.

Photo

(01/04/2008)  O obxectivo do Curso do Emprendemento Universitario é o de facilitar aos alumnos de calquera centro universitario da Universidade de Santiago de Compostela, que posúa escasos coñecementos de xestión empresarial, os criterios de análise precisos á hora de poñer en marcha unha nova iniciativa empresarial. Trátase dunha acción formativa cofinanciada polo proxecto europeo Transtic da Iniciativa Comunitaria Interreg IIIA.

O curso, que está dotado cun crédito de libre configuración, comezou o luns 24 na Aula Magna da Facultade de Química e se desenvolveu ao longo de toda a semana en horario de 16.00 a 21.00. Na inauguración participaron o decano do centro, Ramón Estévez Cabanas, o director do Programa Uniemprende, Carlos Hernández Sande, e o xerente de Uninova, Gustavo Marcos Cancelas.

Ao longo das cinco sesións, se analizou a idea empresarial e a súa articulación nun plan de empresa que recolla os aspectos fundamentais, como a integración da empresa no seu entorno, a avaliación do plan director e a análise económico da empresa. Adicionalmente, expuxéronse as axudas existentes para iniciativas empresariais procedentes do entorno universitario e se contou coa participación de empresas xurdidas da propia USC como casos de éxito. Por último, o persoal de Uniemprende, programa de fomento da cultura emprendedora da USC, presentou aos asistentes as actividades que están a desenvolver para a promoción do emprendemento universitario.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR