UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Uninova organizou un curso sobre a reforma contable e a súa incidencia no software empresarial

A incubadora de empresas Uninova celebrou os días 12 e 13 de marzo de 2008 un curso sobre a reforma do Plan Xeral Contable e as súas repercusións para as empresas.

Photo

(10/03/2008)  A incubadora de empresas Uninova organizou unhas xornadas co obxectivo de dar a coñecer a incidencia que a reforma do Plan Xeral Contable terá na xestión empresarial e no software contable. Esta reforma é resultado da adaptación da contabilidade española ás Normas Internacionais de Contabilidade e as Normas Internacionais de Información Financeira (NIC/NIIF).

O curso centrouse na posta en común das diferenzas existentes co antigo Plan Contable, como por exemplo nos casos da contabilización do leasing, préstamos financeiros, subvencións de capital e de explotación, así como a valoración de existencias. Por outra banda, foi tratada a problemática que o cambio de Plan suporá nas ferramentas informáticas de contabilidade utilizadas polas empresas.

A esta acción formativa asistiron tanto técnicos dedicados ao asesoramento empresarial, como empresarios de diversos sectores de actividade como a acuicultura, as TIC, o sector químico, e de servizos de internacionalización. A metodoloxía do curso foi eminentemente práctica o que facilitou a participación activa dos alumnos e un aproveitamento máis eficaz.

Estas xornadas, foron organizadas no marco do Proxecto Europeo TRANSTIC (Programa Transfronteirizo para a Consolidación de Redes de Cooperación entre Empresas TIC), dentro da iniciativa Europea Interreg III-A. Os principais obxectivos do proxecto son os de promover a utilización das novas tecnoloxías nas PEMES galegas, así como impulsar a creación de empresas TIC e a cooperación transnacional no sector.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR