UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Entrega dos premios do VIII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

O día 20 de febreiro tivo lugar o acto de entrega dos premios da VIII edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela.

Photo

(21/02/2008)  O mércores 20 de febreiro tivo lugar no salón reitoral do Pazo de San Xerome, e nun acto presidido pola Vicerreitora de Investigación e Innovación, Mª José Alonso Fernández, a entrega de premios aos gañadores da VIII edición do Concurso de Ideas Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Foron premiadas cinco ideas, dotadas cada unha delas cun premio de 600 euros, sobre produción de hidróxeno a partir de residuos urbanos, pago da ora co teléfono móbil, xoguetes para nenos con problemas, micro-óptica e sensores e apiterapia sen a picadura das abellas.

No acto de entrega participaron, ademais da Vicerreitora, o Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Salustiano Mato de la Iglesia; o Vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos; o Director do Programa Uniemprende da USC, Carlos Hernández Sande; o Subdirector Xeral de Apoio á Contratación e Emprendedores, Jorge Barros de la Peña; e o Xerente de Unixest, Gustavo Marcos Cancelas.

O concurso estaba dirixido a emprendedores universitarios das tres universidades galegas que tiveran unha idea innovadora susceptible de converterse nun proxecto empresarial a curto e medio prazo, valorándose a viabilidade e o carácter innovador da idea, o seu grao de madurez e que tivera en conta as políticas de igualdade.

Nesta edición o concurso volveu rexistrar cifras de participación similares ás do ano pasado, con 260 ideas presentadas, na súa maioría vinculadas á área de Ciencias Xurídicas e Sociais, e máis particularmente á Facultade de Administración e Dirección de Empresas. Por outra banda, hai que subliñar que o 55% das propostas foron impulsadas por mulleres.

RELACIÓN DE GAÑADORES.-

Produción de hidróxeno.
Marta Acuña Vidal, da Escola de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago de Compostela, é a autora da idea que propón a produción de hidróxeno a partir de residuos urbanos como combustible alternativo para vehículos. O resultado do proceso proposto sería a obtención de hidróxeno ao 99,9% de pureza, incluíndo ademais a posibilidade de comercializar electricidade.

Pagamento da ORA polo móbil.
Outra das ideas premiadas nesta edición propón o pagamento do estacionamento da ORA por medio do teléfono móbil. Trátase dunha idea de Miguel Varela Pérez, da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, que se aproveitaría da posibilidade de conectarse á máquina de control da ORA por medio da tecnoloxía Bluetooth ou por mensaxería SMS. A idea levaría asociados unha serie de produtos como son o hardware e o software necesarios para acceder ao servizo así como para que os vixiantes do estacionamento poidan saber se o vehículo pagou ou non con este servizo sen necesidade de dispor dun resgardo.

Xoguetes para nenos con problemas.
A fabricación de xoguetes para nenos con problemas é a proposta de Jeni Rodríguez Rico, da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo), ao considerar que a maioría de xoguetes non veñen adaptados para poder ser adquiridos por un neno con dificultades auditivas, visuais ou de fala. Os produtos que comercializaría esta empresa serían xoguetes para nenos maiores de cinco anos que levarían, en lugar de debuxos nos botóns, palabras que os identificasen en linguaxe Braille ou unha pantalla na que aparecerá o que di en caso de que estivese dotado de son.

Microóptica.
Da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela é Manuel Gómez García, autor da idea Microóptica e sensores, que pretende levar ao mercado o deseño, adaptación ou construción de dispositivos sensores ópticos e tamén a fabricación de microcompoñentes ópticos baseados en fotorresinas de última xeración. Esta empresa dedicaríase aos sensores de fronte de onda e compoñentes ópticos totalmente personalizados en función das necesidades do cliente e cun tempo de prototipado de poucas horas. Tamén, ofrecería matrices de microcavidades para aloxar reactivos e mostras para biotest, igualmente personalizados, e microlentes e micro-elementos ópticos para montaxes compactas.

Apiterapia
Finalmente, Eva Estévez Forneiro, da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o premio pola idea ‘Apiterapia sen a picadura das abellas’ que pretende aproveitar o veleno das abellas, a apitoxina, pola súa capacidade antiinflamatoria, 100 veces superior á da cortisona, e analxésica. Esta empresa estaría en condicións de producir Apitoxina en crema, especialmente recomendada para a artrite reumatoide, a artrose e a esclerose múltiple e con excelentes resultados noutras doenzas como a gota, fibromialxias, febre reumática, lesións deportivas, lumbalxias, alerxias, asma, sinusite ou fatiga crónica, entre moitas outras. Ademais, podería producir a mesma substancia a modo de solución sérica e anestésica, como blister de comprimidos e melitinina en solución sérica.

Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR