UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


As empresas Nanogap e Neoker, promovidas polo programa Uniemprende, galardoadas nos premios Enisa á innovación 25 aniversario

Nanogap e Neoker, spin-off apoiados polo programa de creación de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, gañadoras dos premios Enisa (Empresa Nacional de Innovación, S.A.).

(04/12/2007)  Os spin-off Nanogap e Neoker, promovidos polos investigadores da USC Arturo López Quintela e José Rivas, e Francisco Guitián respectivamente, atópanse entre as sete empresas galardoadas nos premios Enisa á innovación entregados o 14 de novembro. O obxectivo destes premios do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio é o de recoñecer e estimular o esforzo que realizan as novas empresas para posicionarse nos mercados con proxectos de carácter innovador.

Este ano presentáronse un total de 219 proxectos empresariais de todo o territorio nacional pertencentes a cinco ámbitos tecnolóxicos diferentes, ciencias da vida, enerxía e medio ambiente, tecnoloxía industrial e dos materiais, medios de transporte; e tecnoloxías da información e das comunicacións. Nanogap e Neoker son empresas impulsadas por investigadores da USC e promovidas polo programa Uniemprende a través de Empresa-Concepto que xorden a raíz da existencia de patentes e que contan co financiamento da sociedade de capital risco Unirisco Galicia e do fondo Univest.

A empresa Nanogap desenvolve as súas actividades no sector da nanotecnoloxía, concretamente na produción de nanopartículas, magnéticas e AQCs, e no asesoramento no uso e aplicacións destes produtos. Pola súa banda, Neoker é, na actualidade, o único produtor mundial de whiskers de alúmina, material que en forma de filamentos diminutos convértese nun elemento moi resistente a elevadas temperaturas e con numerosas aplicacións no sector da automoción e na industria militar.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR