UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Uninova organizou a Semana do Emprendemento Universitario nos campus de Santiago de Compostela e Lugo

A incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, UNINOVA, organizou desde o día 12 ata o día 16 de novembro de 2007 a Semana do Emprendemento Universitario, cunha serie de actividades encamiñadas a promocionar a cultura emprendedora entre os estudantes e a potenciar a creación de spin-offs universitarios.

(19/11/2007)  Do 12 ao 16 de novembro de 2007 tivo lugar a Semana do Emprendemento Universitario, organizada por Uninova e cofinanciada polo proxecto Europeo Transtic da Iniciativa Comunitaria Interreg IIIA. No acto de inauguración, o luns 12 ás 16.00 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, estiveron presentes o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, o decano da Facultade de Matemáticas, Juan Manuel Viaño Rey, o xerente de Uninova, Gustavo Marcos Cancelas, e -mediante videoconferencia- o vicerreitor de coordinación do campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre. A continuación do acto inaugural, o grupo Mofa e Befa puxo en escena a obra de teatro ‘Emprender: unha carreira de obstáculos’.

O obxectivo deste evento, que levou por título “O que te interesa saber antes de crear a túa empresa”, foi o de facilitar aos alumnos universitarios con escaso coñecemento sobre xestión empresarial os criterios de análise precisos á hora de poñer en marcha unha nova iniciativa empresarial. A Semana do Emprendemento desenvolveuse ao longo de 5 días a través de diversas actividades como un curso para emprendedores, visitas ás sedes do programa Uniemprende e da incubadora de empresas da USC (Uninova) ou un taller de experiencias baixo o lema ‘Aprende dos que xa aprenderon’.

CURSO PARA EMPRENDEDORES
O curso para emprendedores constou de cinco xornadas, en horario de 16.00 a 21.00 horas, no transcurso das cales se analizáronse a idea empresarial, o plan de empresa e os seus aspectos fundamentais, o plan director e a valoración do factor económico. Adicionalmente fíxose un percorrido polas axudas existentes para iniciativas empresariais procedentes do público universitario e contouse coa participación de casos de éxito de empresas pertencentes ao sector das TIC.

VISITAS A UNIEMPRENDE E UNINOVA
A primeira das visitas programadas tivo lugar o xoves 15 ás 12.00 horas e foi á incubadora de empresas da USC, Uninova, emprazada no Polígono do Tambre. A segunda das visitas levouse a cabo o venres 16 ás 12.00 ás instalación da sede do Programa Uniemprende no edificio CACTUS do campus sur. Nestas visitas ofreceuse a oportunidade de coñecer de primeira man as diferentes liñas de apoio aos emprendedores universitarios na USC, tanto para membros da comunidade científica ou investigadora como para estudantes e recén graduados.

TALLER DE EXPERIENCIAS
Outra das iniciativas contempladas nesta Semana foi a realización dun taller de experiencias denominado ‘Aprende dos que xa emprenderon’, no que os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o proceso seguido por outros universitarios que xa puxeron en marcha a súa propia empresa.

No Campus de Lugo, este taller celebrouse o luns 12, a partir das 13.00 horas na Facultade de Administración e Dirección de Empresas e na Sala de Xuntas da Vicexerencia a partir das 16.30 horas. Entre outros relatores, participaron Segundo Fernández González de Sond3 Diseño&Desarrollo, membro da Asociación de Xóvenes Empresarios de Lugo e Santiago Seijas Alfonso, vocal de AJE Lugo.

En Santiago desenvolveuse o xoves 15, a partir das 16.00 horas na Facultade de Matemáticas e contou coa participación de tres empresas procedentes do ámbito universitario: AVA Solucións Tecnolóxicas, S.L. e Salbia Seguridade e Hixiene Alimentaria, S.L., ambas actualmente incubadas en Uninova.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR