UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Uninova celebrou unha xornada sobre a optimización das TIC na empresa

Uninova organizou o día 9 de outubro na Facultade de Dereito unha xornada para emprendedores universitarios sobre a utilización de ferramentas TIC no ámbito empresarial.

Photo

(10/10/2007)  UNINOVA, incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, organizou o día 9 de outubro, na aula 1 de informática da Facultade de Dereito e en horario de 16.00 a 20.00, unha xornada eminentemente práctica onde os alumnos foron formados na optimización das ferramentas TIC na empresa.

O obxectivo desta xornada é o de impulsar a utilización das novas tecnoloxías nas empresas de nova creación e trasladar aos emprendedores os beneficios que pode supoñer un correcto e óptimo uso das mesmas, xa que hoxe en día as TIC transformáronse na principal ferramenta para o manexo de toda a información que entra e sae da empresa.

A xornada tratará sobre a integración dunhas ferramentas ofimáticas con outras, como por exemplo a importación de datos dun programa a outro ou a combinación de correspondencia entre os distintos programas ofimáticos.

Esta xornada está financiada polo Proxecto Europeo TRANSTIC (Programa Transfronteirizo para a Consolidación de Redes de Cooperación entre Empresas TIC), dentro da iniciativa Europea Interreg III-A. Os principais obxectivos do proxecto son os de promover a utilización das novas tecnoloxías nas PEMES galegas, así como impulsar a creación de empresas TIC e a cooperación transnacional no sector.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR