UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Soluciones Innovadoras IMASDE, S.L. premiada no concurso Compostela Activa

Soluciones Innovadoras IMASDE, S.L, - empresa domiciliada en Uninova- resultou gañadora no concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2007.

(10/09/2007)  A empresa Soluciones Innovadoras IMASDE, S.L. obtivo o primeiro premio do concurso Compostela Activa na modalidade “Novas Ideas Empresariais promovidas por Mulleres”.

Soluciones Innovadoras IMASDE, S.L., domiciliada na actualidade na incubadora de empresas UNINOVA, é unha iniciativa empresarial de base tecnolóxica que traballa no sector da biotecnoloxía, concretamente para a cirurxía estética, posto que se dedica ao cultivo de células para o seu uso posterior en tratamentos estéticos correctores. Está xa introducida no mercado internacional e ten previsto crear sete postos de traballo nos seus primeiros catro anos de vida.

O concurso Compostela Activa está promovido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela e persigue fomentar a cultura emprendedora ao tempo que estimular e apoiar a emprendedores que teñen unha idea empresarial facilitándolles a súa posta en marcha. Este ano presentáronse 52 solicitudes procedentes de 27 proxectos empresariais distintos.

O concurso conta cun presuposto de 36.000 euros, dividido en tres modalidades: Novas Ideas empresariais, Novas Ideas empresariais promovidas por mulleres e, como novidade nesta edición, Novas Ideas Empresariais promovidas por titulados en Formación Profesional. En cada unha das modalidades establecéronse tres premios en metálico: o primeiro de 5.000 euros, o segundo de 4.000 euros e o terceiro de 3.000 euros.


Enlace relacionado:
www.maiscompostela.org/noticias/noticia.php?id_noticia=380&lg=gal



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR