UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


VII congreso internacional sobre emprendemento universitario: spin-offs académicos

A Universidade de Santiago de Compostela, a través do seu programa de creación de empresas UNIEMPRENDE, organizou a sétima edición do congreso internacional sobre emprendemento universitario os días 28 e 29 de xuño de 2007.

Photo
Inauguración

(02/07/2007)  O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, presidiu a inauguración do “VII congreso internacional sobre emprendemento universitario” que tivo lugar na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela os días 28 e 29 de xuño de 2007. Neste acto participaron, ademais, o director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica da Consellería de Educación, Rogelio Conde-Pumpido; o director do Programa Uniemprende da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Hernández Sande; o subdirector xeral de Apoio a Contratación e a Emprendedores da Consellería de Traballo, Jorge Barros de la Peña; e o director de Institucións de Galicia do Grupo Santander, Pelayo Álvarez Fernández.
A capacidade das empresas para innovar é un dos factores que contribúen, en maior medida, á competitividade e ao crecemento a longo prazo polo que é necesario difundir entre as empresas unha cultura que lles permita beneficiarse das novas oportunidades derivadas dos cambios tecnolóxicos, así como artellar medidas de apoio para o financiamento da innovación.
O congreso ofreceu aos participantes a oportunidade de discutir e intercambiar pareceres no terreo do emprendemento universitario, profundando nas experiencias realizadas en Cambridge e Oxford na creación de spin-offs, no novo marco xurídico español para a creación de empresas a partir de resultados de investigación e no acceso ao financiamento para start-ups innovadores. Por outra banda, presentáronse exemplos de spin-offs de éxito como Algenex, Crioestaminal ou Nanogap, esta última empresa xurdida da Universidade de Santiago de Compostela. No encontro participaron así mesmo representantes de entidades financeiras, administracións públicas, así como de universidades da Unión Europea e membros da comunidade universitaria compostelá.

Documento relacionado:
docPrograma do congreso

Photo
Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR