UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Entrega dos premios do VII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela

O día 2 de maio tivo lugar o acto de entrega dos premios do VII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela.

Photo
Health in Code

(02/05/2007)  O proxecto HEALTH IN CODE (HIC), empresa especializada na diagnose xenética molecular de cardiopatías, acadou o primeiro premio do VII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela, dotado con 5.000 euros e ata 24.000 euros de financiamento mediante préstamo participativo.

HIC é unha empresa de base tecnolóxica creada a partir dun grupo de investigación desenvolvido conxuntamente entre o Instituto de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña e o Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela. Son os seus promotores o catedrático da USC Ángel Carracedo, o doutor Alfonso Castro Beiras, o profesor William J. McKenna, o cardiólogo do Hospital Juan Canalejo Lorenzo Montserrat Iglesias, o doutor en Bioloxía pola USC Manuel Hermida Prieto, o doutor Javier Muñiz García, a doutora María Brión Martínez e o enxeñeiro de Telecomunicacións Javier Colás Fustero.

A actividade de HIC centrarase inicialmente na diagnose da Miocardiopatía Hipertrófica (MCH), para posteriormente abordar a de outras enfermidades que xunto coa MCH constitúen as principais enfermidades cardiovasculares de causa xenética relacionadas coa morte súbita. O produto resultante será un informe de diagnose da enfermidade que levará incorporada a información clínica asociada e recomendacións a seguir para o tratamento da mesma, o que permitirá identificar as mutacións asociadas á enfermidade de forma rápida, fiable e económica, ademais de proporcionar toda a información clínica relevante asociada a cada unha das mutacións identificadas.


Acto de entrega

Os premios do VII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC entregáronse o día 2 de maio nun acto presidido polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, e no que tamén participaron o director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Salustiano Mato de la Iglesia; o director xeral de Promoción do Emprego, Álvaro Ansias Bacelar; a vicerreitora de Investigación e Innovación, María Xosé Alonso; o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán; o director do Programa Uniemprende, Carlos Hernández Sande e o xerente de Unixest, Gustavo Marcos Cancelas.
Os outros proxectos premiados nesta convocatoria foron Innolact SL, que acadou o segundo premio (dotado con 2.000 euros); Xestionarte SL, co terceiro premio (dotado con 1.000 euros); Green Solutions Chemicals SL, premio Empresa Xove (dotado con 1.000 euros); e Amallós Consultoría, na categoría Premio Muller (dotado con 1.000 euros).


INNOLACT SL
O equipo promotor deste proxecto está constituído por 28 socios vinculados á Aula de Produtos Lácteos da USC (APL). Trátase dun spin-off do grupo de investigación da APL que ten por obxecto a produción e comercialización dunha gama de produtos baseados no queixo crema (denominación legal: queixo branco pasteurizado) baseándose nunha nova tecnoloxía de produción que inclúe o uso de co-produtos da industria láctea, de alto valor funcional e baixo custe, combinado coa utilización de novas tecnoloxías de produción que permiten un uso máis eficiente das materias primas, da enerxía e da obtención de novos produtos. A empresa foi cualificada como Iniciativa de Base Tecnolóxica pola Xunta de Galicia e conta, a través do programa Neotec, co apoio do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI).

Os principais membros estratéxicos da empresa son os enxeñeiros agrónomos Jesús Zapico Vigo, Sergio Martínez Alonso e José Ángel Carballeira Fernández; o técnico superior en Ciencias da Empresa José L. Antuña Álvarez; o enxeñeiro técnico agrícola e profesor da USC Juan Francisco Méndez Dónega; o enxeñeiro técnico superior industrial, Santiago Argüeso; o profesor de Hixiene e Inspección de Alimentos da USC, José L. Rodríguez Otero; e o enxeñeiro químico Javier Berterreche Álvarez.

XESTIONARTE SL
Xestionarte, S.L. defínese como unha empresa que ofrece servizos integrais para a Cultura e o Patrimonio na área xeográfica de Galicia. Os principais servizos que ofrece relaciónanse coa xestión integral de exposicións; desenvolvemento de proxectos de posta en valor do Patrimonio Histórico Artístico; e asesoría na xestión e compra venda de bens artísticos e culturais. Os promotores definen a innovación do seu servizo no proceso de execución do mesmo, caracterizado pola utilización das novas tecnoloxías e pola oferta de servizos integrais no ámbito da xestión cultural.

O proxecto está promovido polo doutor en Historia da Arte pola USC, David Chao Castro, a licenciada en Xeografía e Historia da USC, Verónica Santos Farto, e polo licenciado en Belas Artes e Xeografía e Historia Rafael Ángel Lens Villaverde.

GREEN SOLUTIONS CHEMICALS SL
Green Solutions Chemical SL nace como empresa no ano 2006, froito do traballo dun grupo multidisciplinario de investigadores das áreas de enxeñaría Química e Química Orgánica da Universidade de Vigo e baixo o apoio de institucións como a Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela, o CSIC e a Xunta de Galicia. Foi cualificada como IEBT en maio de 2006 e conta cun préstamo participativo convertible concedido pola entidade de capital risco Unirisco.

A empresa pretende levar a cabo a síntese e comercialización de líquidos iónicos, así como a prestación de servizos de I+D, deseño e síntese de novos produtos non comercializados ata o momento, e que pola súa estrutura ou características, puideran ser de interese en determinadas liñas de investigación ou procesos industriais, desenvolvendo liñas de I+D baseadas non só na síntese de novos líquidos senón tamén na busca de aplicacións a nivel industrial. A empresa presenta aspectos claramente innovadores tanto polo sector de traballo como pola elaboración de reactivos de gran pureza
Forman parte do equipo promotor os doutores en Ciencias Químicas, Emilia Tojo Suárez, Gabriel Tojo Suárez, Francisco de Borja Santamarina Barral e Beatriz Prudencia Orge Álvarez; os licenciados en Ciencias Química Emilio José González Gómez e Ana María Rodríguez Rodríguez; a licenciada en Dereito, Aranzazu Estefanái Orge Álvarez; os enxeñeiros químicos Yagamare Fall Diop e Mª de los Ángeles Domínguez Santiago, e Jorge Tojo Varela e o profesor da USC Ramón José Estévez Cabanas.

AMALLÓS CONSULTORÍA
A idea do proxecto, promovido polas psicólogas Eva Mª García Quinteiro e Graciela Lois Río, xorde ante a carencia dun servizo especializado e exclusivo para atender a crecente demanda de atención en aspectos psicolóxicos que se solicitan dende o mundo do deporte e a actividade física en xeral. Amallós Consultaría pretende cubrir as necesidades insatisfeitas de especialistas en Psicoloxía do deporte e a actividade física no mundo do deporte, cun ámbito de prestación localmente definido e que a longo prazo incorpore outros especialistas significativos no mundo do deporte (médicos deportivos, fisioterapeutas...).

Ademais, o proxecto pretende a creación dunha empresa con carácter innovador que satisfaga o oco de mercado para ofertar todos os servizos que se demanden dende calquera institución de carácter público ou privado que garde relación, directa ou indirecta, co deporte e nas que sexa necesario, entre outras a implantación de plans de saúde.

Photo
Xestionarte
Photo
Green Solutions Chemicals


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR