UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Uninova organiza unha xornada sobre “Business Intelligence”

UNINOVA organiza os días 24 e 26 de abril de 2007 na Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, unha xornada formativa dirixida a empresas innovadoras coa finalidade de fomentar a integración de ferramentas TIC na xestión das relacións cos clientes.

Photo

(24/04/2007)  O curso “Xestión e rendabilidade das relacións co cliente” desenvolverase en dúas xornadas, a primeira delas o martes 24 de abril e a segunda o xoves 26 de abril e tratará a seguinte temática:
- Tipoloxías de clientes
- Vendas VS. rendabilidade
- Integración coas TIC: modelo CRM e “Business Intelligence”

Asisten a esta acción formativa empresas do sector da acuicultura, seguridade e hixiene alimentaria, solucións avanzadas para Internet, enerxías renovables, tecnoloxías da información e a comunicación, consultoría técnica medioambiental, etc...

Estas xornadas se enmarcan dentro do proxecto europeo TRANSTIC (Programa Transfronteirizo para a Consolidación de Redes de Cooperación entre Empresas TIC) que ten por obxectivo impulsar a xeración de contactos e relacións de cooperación comercial ou tecnolóxica tanto entre empresas vinculadas ao sector das tecnoloxías da información e comunicación como entre estas é as PEMES (potenciais demandantes dos seus servizos). Desta forma se fomentará a aparición de oportunidades de negocio transfronteirizas das microempresas, aproveitando as novas oportunidades ofrecidas polas TIC.
Trátase de formar a un equipo de técnicos especializados, en cada unha das rexións participantes, capaces de impulsar a aparición de contactos comerciais e oportunidades de negocio transfronteirizos das microempresas da zona, aproveitando para elo as novas oportunidades ofrecidas polas TIC, así como tamén de definir accións formativas destinadas a impulsar a utilización das novas tecnoloxías no tecido empresarial fomentando a colaboración con empresas do sector.

Documento relacionado:
docPrograma do curso

Photo


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR