UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Entrega dos premios do VII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela

O día 11 de xaneiro tivo lugar o acto de entrega dos premios do VII Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela.

Photo

(11/01/2007)  Un sistema de supervisión de contedores frigoríficos, a creación de teitos vexetais, a posta en marcha dunha televisión en liña dirixida a persoas con minusvalías ou a implantación dun servizo de autentificación de especies mariñas foron as ideas que acadaron os premios da sétima edición do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela.

A entrega destes premios desenvolveuse nun acto celebrado o 11 de xaneiro no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome baixo a presidencia do Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, e coa asistencia do Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Salustiano Mato de la Iglesia; dos Vicerreitores de Investigación e Innovación e de Comunidade Universitaria, María José Alonso e José Manuel Mayán, respectivamente; do Subdirector Xeral de Apoio á Contratación e Emprendedores, Jorge Barros de la Peña; do Director Xerente do CITT, Carlos Hernández Sande, e do Xerente de Unixest, Gustavo Marcos Cancelas.

O obxectivo desta convocatoria era premiar a aqueles emprendedores, membros da comunidade universitaria galega, que presentasen ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto e medio prazo. Na avaliación das ideas tivéronse como criterios de referencia a viabilidade da idea, o seu carácter innovador e o grao de madurez da proposta.

A esta sétima edición presentáronse un total de 260 ideas, o que incrementa a participación con respecto ao ano anterior nun 157%, xa que na anterior convocatoria concursaron 101 propostas. Polo que respecta aos promotores, o 55% foron mulleres, cunha maioría de ideas procedentes da área de Ciencias Xurídicas e Sociais.

GAÑADORES

SUPERVISIÓN DE CONTEDORES FRIGORÍFICOS
Jesús Ángel Varela Villaverde, da Escola de Enxeñaría Técnica Industrial de Vigo, é o responsable da idea ‘Sistema de supervisión en contedores frigoríficos Thermoking’, proposta que mediante un módulo electrónico monitorizaría constantemente o estado do sistema de control dos remolques frigoríficos equipados cunha unidade frigorífica Thermoking. O módulo no remolque conectaríase mediante GSM/GPRS a un ordenador onde descargar periodicamente os rexistros de temperaturas e estado do equipo de frío.

Ademais, este sistema sería capaz de avisar de calquera anomalía tan pronto coma se produza mediante unha ou varias mensaxes aos teléfonos que se lle programen permitindo facer unha diagnose a distancia dende o ordenador ao que estea conectado. A solución supón un importante aforro xa que as avarías poderíanse solucionar nun tempo récord ademais de evitar o desprazamento do técnico para diagnosticalas.

TEITOS VEXETAIS
A creación de teitos verdes foi a proposta de Víctor Otero Bravo, da Escola Politécnica Superior de Lugo, nun intento por alcanzar un maior aproveitamento desta parte de calquera edificación. Os teitos verdes son aqueles que conteñen elementos vexetais vivos como parte integral do seu sistema total.

En opinión deste promotor, esta idea reportaría como beneficios a posibilidade de gozar dun espazo verde dentro dun contorno urbano, reducindo as superficies pavimentadas; mellorar a calidade do aire, producindo O2 e reducindo os niveis de CO2; así como mellorar o illamento térmico do edificio, reducindo as variacións de temperatura do ciclo día-noite, co conseguinte aforro de enerxía. Ademais, a proposta axudaría a retardar a velocidade do escorremento da auga da chuvia, aliviando o sistema de desaugadoiro aos sumidoiros e evitando inundacións; crearía oportunidades laborais no campo da investigación, deseño, construción e saúde; e propiciaría a redución da entrada de son do exterior.

TELEVISIÓN EN LIÑA CON VERSIÓNS PARA DISCAPACITADOS
A posta en marcha dunha televisión en liña con varias opcións de visionado dirixidas a persoas con minusvalías visuais e sonoras foi outra das ideas premiadas a proposta de Noelia Vázquez Tasende, Romina Tasende Souto e Vanesa Sáez Iglesias, da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago. Trátase dunha proposta novidosa xa que non existe ningunha televisión en liña no ámbito de Compostela, e no galego soamente a TVG emite parte da súa programación a través da web.

As promotoras destacaron a función social desta hipotética televisión pola súa aposta a prol da eliminación de barreiras comunicativas. A canle contaría con versións adaptadas ao público con deficiencias visuais -en formato só de audio e ampliada con descricións por parte dun locutor- e auditivas -cunha ferramenta que permitiría agrandar as dimensións da imaxe en pantalla, ofertando ademais unha versión subtitulada na que se podería elixir o idioma (galego/castelán)-.

AUTENTIFICACIÓN DE ESPECIES MARIÑAS
Pablo Balseiro Vigo, da Facultade de Bioloxía da USC, presentou a cuarta das ideas premiadas nesta convocatoria que fai referencia ao emprego de marcadores de ADN para a autentificación e caracterización microbiolóxica de especies mariñas de interese alimentaria como o polbo e as algas mariñas.

A idea pretende por a disposición dos consumidores un servizo de autentificación de especies mariñas, tanto das de recoñecido prestixio na gastronomía galega, como o polbo común, como das algas mariñas comestibles polo seu carácter de posible recurso futuro da acuicultura galega. O servizo de autentificación basearíase na técnica de RFLP sobre marcadores moleculares que presentan unha gran variabilidade entre especies próximas. O emprego destes marcadores permitiría protexer aos consumidores de posibles fraudes pola substitución destas especies por outras de menor valor.

A proposta tamén tería como finalidade garantir a boa salubridade dos produtos analizados mediante técnicas de bioloxía molecular, que posibilitarían a detección de bacterias no alimento no caso de que estas puidesen liberar toxinas causantes de enfermidade antes de ser eliminadas por métodos de desinfección industrial.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR