UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


UNINVEST gañador do Premio á Mellor Iniciativa Pública 2006 da revista Actualidad Económica.

A sociedade de capital risco UNINVEST, xestora do Fondo Nacional de Capital-Risco denominado I+D Unifondo, resultou gañadora do Premio á Mellor Iniciativa Pública 2006 da revista Actualidad Económica .

(26/10/2006)  A sociedade de capital risco UNINVEST, constituída por dezaseis universidades españolas, Unirisco Galicia SCR. S.A. e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA), é a xestora de I+D UNIFONDO, Fondo Nacional de Capital-Risco, e constituíuse co gallo de financiar empresas de base tecnolóxica.

UNINVEST reúne 45 campus, 600 facultades e institutos de investigación, 500.000 estudantes, 40.000 investigadores-profesores, 3.300 grupos de investigación e 18 oficinas de transferencia de resultados de investigación. Na súa constitución participaron Unirisco Galicia –integrada polas tres universidades galegas e Caixa Galicia, Caixanova, Banco Pastor, Banco Portugués de Investimento, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Fundación “R”, o Grupo San José e Inditex-, e as universidades de León, Carlos III de Madrid, Valencia, Politécnica de Valencia, Miguel Hernández de Elche, Estremadura, Cádiz, Salamanca, Cantabria, Valladolid, Alacante, a Fundación Parque Científico de Madrid -integrada pola Autónoma de Madrid e a Complutense- así como a Empresa Nacional de Innovación S.A. (ENISA).

Uninvest xestiona un fondo inicial de 18,5 millóns de euros, que espera aumentar ata 20 millóns ao longo do presente ano, orientado ao investimento en empresas de base científica e tecnolóxica de nova creación ou de desenvolvemento incipiente, xurdidas no marco universitario así como en outros centros de investigación e innovación. O seu obxectivo primordial é o de realizar entre 6 e 8 investimentos anuais centrados en cinco sectores socioeconómicos estratéxicos: ciencias da vida, medio ambiente, novos materiais, tecnoloxías da información e a comunicación (TIC´s) e biotecnoloxía.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR