UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Uninova participou en San Sebastián e Biarritz na última reunión de traballo do proxecto europeo 2xTRA

UNINOVA, incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, ven de participar na oitava e última reunión de traballo enmarcada no proxecto europeo 2xTRA (Technology Transfer Research Results Atlantic Area).

Photo

(20/09/2006)  Despois de tres anos de traballo, o proxecto 2xTRA chega ao seu fin cunha valoración moi positiva por parte dos socios participantes. Na última reunión do mesmo, desenvolvida os días 18 e 19 de setembro, estiveron presentes os 13 socios, todos eles pertencentes a países do Espazo Atlántico da Unión Europea, concretamente Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e España. O proxecto 2xTRA, ten como obxectivo principal o de difundir e aplicar nos países da área Atlántica os resultados prácticos en materia de creación de empresas de base tecnolóxica, obtidos polas universidades, centros tecnolóxicos e incubadoras de empresas participantes no proxecto.

Esta reunión foi celebrada nas instalacións de dous dos socios do proxecto: A Fundación INASMET con sede en San Sebastián e ESTIA (École Supérieure des Technologies Industrielles Avancées) con sede en Biarritz. Fíxose especial fincapé na actividade de asesoramento na internacionalización de empresas de base tecnolóxica vinculadas a cada un dos socios. A creación dunha Rede Atlántica de apoio á creación e internacionalización de IEBT’s é un dos principais resultados obtidos neste proxecto.

Así mesmo, e paralelamente a esta reunión, foi desenvolvida unha xornada de clausura do proxecto organizada polo centro Tecnolóxico INASMET onde o socio coordinador do proxecto, pertencente á Universidade Pública de Navarra, presentou brevemente os resultados acadados no proxecto. O xerente de UNINOVA participou nesta xornada coa presentación do modelo de creación de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, o Programa Uniemprende.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR