UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Unha empresa de Uninova gañadora na última edición dos premios “Novas Ideas Empresariais” de Compostela Activa

Un proxecto empresarial innovador asesorado desde Uninova, e ubicado actualmente na incubadora, AT SERVICIOS, resultou gañador no apartado xeral da última edición dos Premios do Concurso Compostela Activa organizado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago.

(13/09/2006)  O xurado do Concurso de Novas Ideas Empresariais “Compostela Activa” reuniuse o pasado día 12 de setembro para elixir aos gañadores deste certame, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago, dentro do seu programa Compostela Activa, dirixido a fomentar o espírito empresarial na cidade mediante diversas liñas de actuación.

En total presentáronse ao concurso 17 proxectos empresariais que, no momento de entregar a solicitude, non podían ter iniciada a actividade. Estas iniciativas estaban distribuídas entre as dúas categorías establecidas: edición xeral e novas ideas empresariais promovidas por mulleres.

Na categoría xeral o proxecto gañador foi AT SERVICIOS, proxecto dedicado ao soporte tecnolóxico para eventos e congresos. Na categoría de novas ideas empresariais promovidas por mulleres o primeiro premio foi para a ludoteca GAZAFELLO. En ambas categorías, os premios foron os seguintes: 5.000 euros para o proxecto gañador, 4.000 euros para o segundo e 3.000 euros para o terceiro.

Os criterios de valoración aplicados na selección foron o carácter innovador do proxecto, o emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación, o desenvolvemento de recursos endóxenos, a creación de emprego, o respecto polo medio natural e a integración da actividade no conxunto da economía compostelá.

O xurado estivo composto por Xosé Manuel Iglesias Iglesias, Concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Loreto Fernández Fernández (Vicedecana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela), Melchor Fernández Fernández (Director do IDEGA) e Fernando Barros Fornos (Secretario Xeral Adxunto da Cámara de Comercio de Santiago).

-Relación de premiados-

CATEGORÍA XERAL

1º premio: AT SERVICIOS.- Soporte tecnolóxico (congresos e eventos)

2º premio: DARREDOR, DESEÑO CULTURAL.- Documentación, deseño, comunicación, dinamización turística, xestión cultural

3º premio: MARITZA ABELEIRA.- Centro de formación en moda.

CATEGORÍA DE NOVAS IDEAS EMPRESARIAIS PROMOVIDAS POR MULLERES

1º premio: GAZAFELLO.- Ludoteca

2º premio: MERCEDES MORIGOSA.- Servizo de catering

3º premio: SEIVA, SERVIZOS INTEGRAIS DE EDUCACIÓN E CALIDADE.- Centro de educación integral e gabinete de psicomotricidade.






 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR