UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Reunión de traballo do proxecto europeo 2xTRA en Santiago de Compostela

UNINOVA ven de organizar a sétima reunión de traballo do proxecto europeo 2xTRA, que persegue unha mellora dos procesos de transferencia de tecnoloxía na Rede Atlántica.

Photo

(15/06/2006)  A incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, UNINOVA, ven de organizar no Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, a sétima reunión de traballo enmarcada dentro do proxecto Europeo 2XTRA (Technology Transfer Research Results Atlantic Area), dedicado á mellora dos procesos de transferencia de tecnoloxía na Rede Atlántica.
O proxecto contempla tres etapas ou obxectivos a acadar. As dúas primeiras etapas xa se remataron, estando a terceira delas en fase de desenvolvemento. A primeira destas etapas centrouse na análise dos sistemas de innovación de cada un dos territorios participantes e na posta en común de “boas prácticas”. A segunda consistiu no desenvolvemento de proxectos piloto por parte de cada un dos socios para así poñer en práctica os coñecementos adquiridos. A terceira e última das etapas, na que neste intre se atopa o proxecto, e na que se centrou a reunión celebrada en Santiago, tratou a aplicación dunha metodoloxía de apoio á internacionalización de empresas de base tecnolóxica.
A participación de UNINOVA neste proxecto supuxo acadar a certificación en calidade de acordo coa norma ISO 9001:2000, converténdose na primeira incubadora de empresas certificada en España.
Este proxecto que comezou en outubro de 2003 chegará ao seu fin no segundo semestre do 2006; está integrado por 5 países: Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e España.


Enlace relacionado:
www.2xtra.info



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR