UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


UNINOVA, Primeira Incubadora de España en acadar a Certificación de Calidade baseada na norma UNE-EN ISO 9001:2000

O luns 3 de abril de 2006 tivo lugar o acto de entrega da Certificación de Calidade na norma UNE-EN ISO 9001:2000, converténdose UNINOVA na primeira incubadora de empresas en obter esta certificación.

Photo

(03/04/2006)  O día 3 de abril de 2006 tivo lugar, no salón Reitoral do Colexio de San Xerome, o acto de entrega a UNINOVA da certificación de Calidade na norma UNE-EN ISO 9001:2000. A obtención deste certificado converte a UNINOVA na primeira incubadora de España en acadar o “Certificado de Rexistro de Empresa que evidencia a conformidade do seu Sistema de Xestión de Calidade cos requisitos da norma UNE- EN ISO 9001:2000”.
Coa obtención deste certificado tamén lle foi adxudicado a UNINOVA o Certificado Internacional de Calidade IQ-NET (The internacional Certification Network).
No acto de entrega interviñeron Senén Barro Ameneiro (Reitor da Universidade de Santiago de Compostela), Xosé Sánchez Bugallo (Alcalde do Concello de Santiago de Compostela) e Martín Pita, Director da Delegación en Galicia de AENOR (Entidade certificadora).
Para a concesión deste recoñecemento de calidade, AENOR realizou unha diagnose da situación de UNINOVA con respecto aos requisitos da norma ISO 9001:2000 á vez que identificou os procedementos estratéxicos, operativos e de apoio. Logo desta primeira fase, implantáronse de maneira experimental as actividades reflectidas no mapa de procesos e nos procedementos de calidade, o que deu pé a unha auditoría interna. Tras unha revisión exhaustiva do sistema por parte da dirección, procedeuse á avaliación final e á realización dunha auditoría por parte de AENOR, concluíndo todo o proceso coa obtención da Certificación de Calidade conforme á norma UNE-EN ISO 9001:2000.
Senén Barro suxeriu no acto a creación dunha norma específica para este tipo de empresas baseadas no emprendemento.




 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR