UNINOVA
INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
ENGLISH
 
 
eventos


04/06/2010 - 30/10/2010  PROGRAMA FORMATIVO "SAE AO MERCADO"

 
noticias
  15/06/2010 A USC citada no Parlamento Europeo como exemplo de boa práctica no modelo de relacións Universidade-Empresa | ler máis...
  24/02/2010 A Unión Europea Lanza o Programa “Erasmus para Novos Emprendedores” onde Uninova participa como organismo intermedio  | ler máis...
 
   
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Entrega dos premios do VI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidad de Santiago de Compostela

O día 28 de marzo tivo lugar o acto de entrega dos premios do VI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela.

Photo

(28/03/2006)  O pasado 28 de marzo levouse a cabo a entrega dos premios da sexta edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC nun acto presidido por Eduardo García-Rodeja Gayoso (Vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela) e no que tamén estiveron presentes Carlos Hernández Sande (Director Xerente do CITT da Universidade de Santiago de Compostela), José Manuel Cotos Yáñez (Subdirector Xeral de Innovación Empresarial da Consellería de Innovación e Industria), Jorge Barros de la Peña (Subdirector Xeral de Apoio á Contratación e a Emprendedores da Consellería de Traballo) e Gustavo Marcos Cancelas (Xerente de Uninova).


O primeiro premio, consitente en 5.000 euros (e ata 24.000 euros de financiamento en préstamo participativo previa avaliación por parte de Unirisco Galicia SCR), foi outorgado a NANOGAP, un proxecto centrado na fabricación de nanopartículas con aplicacións nos sectores médico, farmacéutico e da automoción. Os promotores de Nanogap son Tatiana López del Río (licenciada en Químicas pola USC), Arturo López Quintela (Catedrático da Facultade de Ciencias Químicas da USC) e José Rivas Rey (Catedrático da Facultade de Física da USC).


O segundo premio, dotado con 2.000 euros, correspondeu a EVENTYAM INGENIEROS, S.L., empresa especilizada en medición e control de radiacións electromagnéticas e acondicionamento acústico e térmico. Os seus promotores son Alfonso Juan Álvarez Villamarín (Enxeñeiro Superior en Telecomunicacións da Universidade de Vigo), Juan Enrique Arias Rodríguez (Profesor Titular da Facultade de Física da USC), Daniel Baldomir Fernández (Profesor Titular da Facultade de Física da USC), Mª Encarnación Baltar Carrillo (Enxeñeira de Telecomunicacións pola Universidade Simón Bolívar de Venezuela), Mª Jesús Ben Constenla (Enxeñeira Superior de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo), Víctor Quintero Feal (Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo) e Luis Romero Suárez (Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo).


O terceiro premio, dotado con 1.000 euros, foi para GALICIA DREAMS, un proxecto de arquitectura para reestructuración rural con carácter sostible. Os promotores deste proxecto son Cristina García Fontán (licenciada en Arquitectura pola Universidade da Coruña), Dolores Lojo Casal (licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña) e
Gonzalo José Vázquez Suárez (licenciado en Arquitectura pola Universidade da Coruña).



 
TITULARES
 
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR