UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


UNINOVA participa na primeira reunión do proxecto europeo TRANSTIC

A incubadora de empresas da USC participa na primeira reunión de posta en marcha do proxecto europeo TRANSTIC.

(19/03/2006)  UNINOVA participa como socia no proxecto europeo TRANSTIC (“Programa Transfronteirizo para a Consolidación de Redes de Cooperación entre Empresas TIC”) que se atopa enmarcado na iniciativa INTERREG III A. En total son sete os socios participantes no proxecto e actúa como coordinador do mesmo o Centro de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia). Entre os socios galegos atópanse o BIC Galicia, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE), o Consorcio da Zona Franca de Vigo e UNINOVA, estando Portugal representada pola “Oficina da Inovaçao Empresarial” (BIC Minho) e pola “Associaçao Universidade Empresa para o Desenvolvimento” (TEC Minho).

O fin do proxecto é o de impulsar a xeración de contactos e relacións de cooperación comercial ou tecnolóxica tanto entre empresas vencelladas ao sector das tecnoloxías da información e comunicación como entre estas e as PEMES (potenciais demandantes dos seus servizos). Desta forma se fomentará a aparición de oportunidades de negocio transfronteirizas das microempresas, aproveitando as novas oportunidades ofrecidas polas TIC.

Todo isto se materializará na creación dunha plataforma de seguimento e soporte a novos proxectos empresariais no ámbito da Sociedade da Información na área xeográfica de Galicia e Norte de Portugal. Esta plataforma prestará un conxunto de servizos dirixidos a micro e pequenas empresas de nova creación, así como a aquelas xa consolidadas. O que se pretende é crear unha rede de apoio ás micro e pequenas empresas para potenciar o desenvolvemento de proxectos empresariais no ámbito da Sociedade da Información.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR