UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


3 proxectos asesorados en Uninova entre os gañadores de Compostela Activa

Tres proxectos empresariais innovadores asesorados desde Uninova (Etnoga, Soluciones y Proyectos de Información e Galexport) resultaron gañadores na última edición dos premios do concurso Compostela Activa organizado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago.

(11/01/2006)  24.000 euros para os seis gañadores de Compostela Activa
Os proxectos empresariais Serindoc e Etnoga obtiveron os dous primeiros premios do concurso Compostela Activa organizado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago de Compostela. Ambas empresas recibirán 5.000 euros.
SERINDOC, na categoría de Novas Ideas Empresariais, e ETNOGA, na de Novas Ideas Empresariais promovidas por mulleres, obtiveron os dous primeiros premios do concurso. Ambas empresas recibirán 5.000 euros para a súa posta en marcha.O proxecto Serindoc, que tamén é unha idea promovida por mulleres, consiste nunha empresa dedicada a prestar servizos de xestión de información e documentación. Etnoga centra a súa actividade na xestión do patrimonio cultural.

Na categoría xeral, as outras dúas empresas premiadas foron, en segundo lugar e con 4.000 euros, SOLUCIONES Y PROYECTOS DE INFORMACIÓN, e, en terceiro posto e con 3.000 euros, GALEXPORT. Soluciones y proyectos de información céntrase na asesoría integral de sistemas de información e desenvolvemento e Galexport é unha consultora para as empresas galegas que desexen exportar os seus produtos.

Na categoría de empresas promovidas por mulleres resultaron gañadores, en segundo lugar e con 4.000 euros, EXPERTAS, e, en terceiro lugar e con 3.000 euros, CHILDREN´S CORNER. Expertas contempla a investigación, formación e avaliación de proxectos e programas, responsabilizándose de todo o proceso investigador, e Children´s Corner é unha empresa de servizos dedicada á atención, coidado e recreación dos nenos no fogar e en espazos públicos.

Este é o primeiro ano no que dentro do programa Compostela Activa se contempla un premio específico para proxectos promovidos por mulleres, un colectivo que tradicionalmente é máis remiso a emprender proxectos empresariais. A iniciativa logrou o seu obxectivo xa que se presentaron ao concurso máis iniciativas promovidas por mulleres que por homes.

O xurado que fallou o premio estivo composto polo Concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, o director do IDEGA, Melchor Fernández Fernández, a Vicedecana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Loreto Fernández Fernández, Fernando Barros Fornos, en representación da Cámara de Comercio e Lucía Castro López, da Oficina de Promoción Económica e Emprego.

Tódolos proxectos premiados teñen o compromiso de comezar a súa actividade nun prazo de seis meses.



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR