UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 24/10/2017  CURSO DE INNOVACIÓN AKADEMIA YOU PROJECT 2017-2018
11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
  04/09/2017 CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN TEMPORAL | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN TEMPORAL

Convocatoria para a contratación temporal de persoal en Uninova

(04/09/2017)  A Sociedade para a promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L. (UNINOVA) convoca Concurso Público Nº 1/2017, para contratar persoal que colabore nas actividades que figuran no anexo de esta convocatoria, de acordo coas seguintes bases.

1.-OBXECTO
O obxecto da presente convocatoria é a contratación temporal de persoal para a realización das actividades que figuran no anexo I da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará especificamente na actividade para o que é contratado.

2.-REQUISITOS DOS CANDIDATOS
Para seren admitidos os aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade para a que realicen a súa solicitude, e que figuran no anexo I desta convocatoria, deberán posuír no día de remate de presentación de solicitudes e mantelos ata a data de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
• Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, ou dos nacionais dalgún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

• Ter cumpridos os 16 anos.
• Estar en posesión da titulación valida en España que se indique no anexo I da convocatoria.
• Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
• Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.



3.-SOLICITUDES
Quen desexe participar neste proceso selectivo deberá solicitalo mediante a instancia, segundo o modelo que figura como anexo II desta convocatoria, no prazo de DEZ (10) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria.
As solicitudes serán enviadas por correo certificado e/ou sobre aberto á sede de Uninova sita no Edificio Emprendia, Campus Vida s/n . 15782 Santiago de Compostela ( A Coruña).



4.-DOCUMENTACIÓN
Os aspirantes, para seren admitidos ao proceso selectivo, acompañaran necesariamente á súa solicitude a seguinte documentación:
• Fotocopia do DNI ou NIE
• Fotocopia simple da certificación académica na que consten as cualificacións obtidas nos seus estudos
• As certificacións dos estudos realizados no estranxeiro deberán presentarse coas correspondentes traducións oficiais ao español ou galego, que deberá facerse por un tradutor xurado debidamente autorizado en España.
• Fotocopia simple da documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos esixidos no anexo I da convocatoria.
• Fotocopia simple da documentación xustificativa dos méritos alegados.
A documentación aportada coas solicitudes pódese recuperar solicitándoa a Uninova durante os 3 meses seguintes á data de publicación da Resolución de Selección. Pasado ese prazo procederase a súa destrución.

5.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, UNINOVA ditará resolución, declarando aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos que será publicada no taboleiro de anuncios do Edificio Emprendia e na web de Uninova. Os aspirantes excluídos, disporán dun prazo de CINCO (5) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución, na web de Uninova, para poder emendar os defectos que motivaron a súa exclusión.
Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos.
O feito de figurar na listaxe de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento.




6.-PROCESO DE SELECCIÓN
O procedemento de selección será o seguinte:
a) Valoración dos méritos dos candidatos segundo o baremo especificado no anexo I
b) Entrevista persoal
c) Proposta de contratación do candidato/a seleccionado/a para a formalización do contrato ao Conselleiro Delegado de Uninova
A selección dos candidatos farase salvagardando os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
A Comisión de selección encargada de resolver esta convocatoria estará composta por:

Presidente:
Don José Manuel Cotos Yáñez. Conselleiro Delegado de Uninova
Secretario:
Dona Rosa María Sánchez Santos . Técnica de Uninova.
Vocal:
Dona Eva Aguayo Lorenzo. Coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC
Suplente:
José Luis Villaverde Acuña. Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC.

Os membros da comisión deberán declarar que non concorren en causa de abstención ou recusación cos aspirantes.

Logo da convocatoria do presidente, constituirase a comisión, coa asistencia de todos os seus membros. Na devandita sesión, a comisión acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso .
A partir da súa constitución a comisión, para actuar validamente, requirirá a presenza, de todos os seus membros.
A comisión resolverá todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.
A comisión de selección tendo en conta os criterios de baremación publicados valorará os méritos alegados polos aspirantes.
Soamente pasaran á fase b), entrevistas, aquelas persoas que acaden o 40% da puntuación máxima establecida para a fase a).
Soamente poderán ser considerados aqueles méritos obtidos ata a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

A comisión, para elaborar a proposta de adxudicación ordenará as solicitudes de maior a menor, correspondendo a proposta de adxudicación ao aspirante con maior puntuación.
Os restantes candidatos pasarán a formar parte dunha lista de agarda por orde de puntuación entre os candidatos que se consideren aptos para o posto.
A Comisión de selección en caso de evidenciarse a inadecuación dos méritos dos aspirantes ao perfil obxecto da convocatoria poderá declarar motivadamente a non adxudicación do posto convocado.


7.-CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
As características do contrato son as establecidas no anexo I desta convocatoria .


8.-NATUREZA DOS CONTRATOS
A contratación levarase a cabo a través dun contrato temporal por obra ou servizo para o desenvolvemento das actividades que figuran no contrato outorgado a Uninova, pola Secretaría Xeral de Igualdade, sobre análise normativa e boas prácticas. Proxecto 0101_GNP_AECT_1_E(POCTEP).
A contratación non implica ningún compromiso en canto á posterior incorporación ao cadro de persoal de Uninova.


9.-RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS
A persoa contratada deberá manter a confidencialidade da actividade que realice, así como gardar sixilo de todas as cuestións e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor, durante a súa contratación e unha vez rematada a mesma .

10.-CRITERIOS DE BAREMACIÓN
Os criterios de baremación que se terán en conta serán os que figuran no anexo I desta convocatoria.

11.-NOTIFICACIÓN AOS ASPIRANTES
De acordo co artigo 45.1.b) da Lei 39/2015 do 1de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as publicacións detalladas nestas bases, así como a información doutros actos que dela se deriven que requiran publicación, a efectos de notificación realizaranse no taboleiro de anuncios do Edificio Emprendia, única notificación válida, a efectos do artigo antes mencionado. Así mesmo serán publicadas na páxina web de Uninova www.uninova.org
Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación de conformidade cos artigos 46 e 8 da Lei da Xurisdición contencioso- administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.



Non obstante os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso- administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Santiago de Compostela, 04 de setembro de 2017






Asdo.: Juan Viaño Rey
Presidente de Uninova.

Documento relacionado:
docConvocatoria e anexos



 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
IMAGAMES 
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR