UNINOVA

InnovatiaEdificio Emprendia

INICIO QUIENES SOMOS SERVICIOS DOCUMENTOS TIENES UNA IDEA?
 


 
GALEGO
ESPANOL
 
 
eventos


11/09/2017 - 31/12/2018  PROGRAMA ARGOS EDICIÓN 2017

 
noticias
  25/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS | ler máis...
  18/09/2017 CONVOCATORIA CONTRATACIÓN TEMPORAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS | ler máis...
 
   
 
Erasmus Jovenes

RedEmprendia
 
Red Incuba.
 
eventos
noticias
contacto
quienes somos
servicios
documentos
idea
 
eventos
 


Gañadores da 3ª edición do Programa ARGOS

O programa Argos 2015 premia un equipo de farmacoxenética e unha tenda de servizos de biotecnoloxía. A USC, os concellos de Santiago e Lugo, IGAPE e GAIN promoven esta convocatoria. Os dous equipos gañadores recolleron o seu galardón este xoves en San Xerome.

Photo

(14/04/2016)  Gen-DR (Genetics and Drug Response) e MEETLAB son os dous equipos que se proclamaron gañadores da terceira edición do programa Argos, iniciativa da USC para conformar equipos universitarios de emprendedores. No acto de entrega celebrado este xoves na Reitoría da USC baixo a presidencia do reitor Juan Viaño, cada equipo recibiu 3.000 euros, ademais de 6 meses de acceso gratuíto a espazos de incubación e asistencia gratuíta no proceso de constitución da empresa.

Gen-DR aspira a converterse nunha spin-off de servizos de farmacoxenética, aqueles que buscan predicir a resposta que os individuos terán ante determinados fármacos. Integrado por Adrián Caamaño Pensado, Ana Latorre Pellicer, Juan Manuel Vázquez Lago e Olalla Mariñas Amigo, o equipo promotor e asesor incorpora profesionais especializados no ámbito da farmacoxenética e expertos no campo da xestión, dirección e desenvolvemento de negocio. Ademais, os traballos realizados dende o inicio da súa participación en Argos permitiu xa xerar unha carteira de clientes específica.

Meetlab é a proposta de María Núñez Barrachina, Ramón Maceiras Castillo e Raquel Lama López. O propósito deste equipo será o establecemento dunha tenda en liña de servizos en biotecnoloxía na que os científicos atopen un catálogo de provedores organizados por rama científica, prezo, localización xeográfica, opinións de usuarios anteriores e máis información que simplifique as decisións de contratación de servizos biotecnolóxicos.

Os premios outorgados pertencen á categoría Argos Enxeño (Meetlab), para as propostas baseadas nunha idea achegada polos propios emprendedores, e Argos Spin (Gen-DR) para os proxectos baseados en resultados de investigación da USC. Ademais tamén recibiron unha mención de honra aqueles equipos que completaron o período formativo de Argos. Na modalidade Enxeño foi Diario do Mar, promovido por Alan Alberto Olloqui Salas, Beatriz López Castro, David Leiro Magdalena e Rebeca Sánchez Andrade. En Argos Spin chegaron a fase final ADEGA (All your Documents Enriched with Grapg Annotations) de Antonio Guillermo de Bois Souto e Vanesa Taboada Vázquez e Lacteal (Suplementos Alimenticios algas), promovido por Jesús Blanco Pereira, José Ramón Seijo Sánchez e Santiago García Vázquez.

No acto de entrega tamén participaron a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois González; o director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Javier Aguilera Navarro; o director da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación (GAIN), José Manuel Abella Anido; e o adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José Manuel Cotos Yáñez.

Argos
Con esta entrega de premios, Argos pecha a súa terceira edición iniciada en outubro de 2015 coa conformación dos equipos participantes. Este é un programa dirixido a alumnado de posgrao, máster e doutoramento, titulados/as das últimas promocións, persoal ou colaboradores integrados en grupos de investigación e alumnado dos últimos anos de graos. Inclúe tres fases diferenciadas que comezaron en outubro de 2015 coa participación en varias sesións informativas e de adestramento para o traballo en equipo. Nun segundo momento procedeuse á constitución dos equipos multidisciplinares con catro ou cinco integrantes. Finalmente, os equipos tiñan que desenvolver un plan de empresa titorizados por persoal do programa Argos para a súa presentación cara mediados de marzo ante un xurado.

Esta é unha iniciativa conxunta da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC e da incubadora de empresas UNINOVA, que conta coa colaboración das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, os concellos desas dúas cidades, o IGAPE e a GAIN.

FONTE: Xornal USC.


Enlace relacionado:
xornal.usc.es/xornal/acontece/2016_04/noticia_0090.html

Photo
Equipo Gen-DR
Photo
Equipo Meetlab


 
TITULARES
 
PAIT
empresas incubadas
 
Relación de empresas incubadas e domiciliadas con UNINOVA.

ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
ICON
---
 
(c) 2005 UNINOVA, Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.  | Texto legal
AENOR